Lara Boubeta Bamio, nada en Cangas de Morrazo en 1994, é escritora, mestra e activista galega no ámbito da diversidade sexual e de xénero.
Traxectoria Graduada en Educación Primaria pola Universidade de Vigo, combina a docencia coa escrita. Participa na Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia e divulga contidos sobre educación inclusiva a través do perfil de Instagram @sempre_estou_aprendendo. Formou parte da V Residencia Literaria da Cidade da Cultura.
En 2023 publicou o seu primeiro álbum ilustrado, Xe, editado pola Editorial Galaxia e ilustrado por Sara Valcárcel. O libro foi presentado en diversas localidades galegas no marco de actos culturais e educativos centrados na diversidade.
Premios e recoñecementos Gañadora do Certame de poesía LGBT+ de AvanteLGBT+ Compostela. Premiada no Certame de poesía do Concello de Ames. Primeira clasificada no Certame de Cartas de Amor de Cangas de Morrazo (2024). Finalista nos VIII Premios Educa Abanca á Mellor Docente de España (2024), na categoría de Educación Primaria.
Publicacións Donde nacen las flores (autoedición, 2021)
Xe (Galaxia, 2023; ISBN 978-84-1176-133-8)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha da obra Xe en Editorial Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Activistas LGTB Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo