Antonio Mercero Juldain, nado en Lasarte-Oria o 7 de marzo de 1936 e finado en Madrid o 12 de maio de 2018,Antonio Mercero, cineasta y director de televisión, muere a los 82 años foi un director e guionista de cine e televisión de orixe vasca.

Traxectoria Naceu en Lasarte-Oria, Guipúscoa. Licénciase en Dereito na Universidade de Valladolid en 1958 e obtivo o título de Director de cine na Escola Oficial de Cine de Madrid en 1962. Debutou profesionalmente ese mesmo ano coa curtametraxe Lección de arte, coa que conseguiu o seu primeiro premio no Festival de San Sebastián. En 1963 dirixiu a súa primeira longametraxe Se necesita un chico, presentada no Festival de Bordighera (Italia) e de 1966 a 1970 rodou varios documentais para televisión.

Cabe salientar a súa película La cabina con José Luis López Vázquez en 1972. En 1970 comezou a realizar en TVE programas de ficción, sendo director das series de televisión como Verano azul (19 episodios), Crónicas de un pueblo (52 episodios) e Farmacia de guardia, todas elas con grande éxito e recoñecemento.

É pai de Antonio Santos Mercero, guionista de televisión coñecido por series como Hospital Central ou Lobos.

Filmografía

Premios 2010 Premio Goya de honra. 2003 Festival de Cine de Montreal. Premio ó mellor director por Planta cuarta. Premio Emmy, outorgado pola Academia Nacional de Televisión e Ciencias de Nova York en 1973 por La cabina. Mellor programa dramático do Canal 47 de Nova York (1973). Premio da Crítica Internacional do Festival de Montecarlo (1973). Premio Marconi de Mifed de Milán (1973) Quixote de Ouro Mellor Director, concedido pola crítica española en 1972. Premio Nacional 1972. Premio Ondas 1972. Antena de Ouro 1972. Premio TP de Ouro 1972. Mención Especial no Festival de Cork (Irlanda) Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo. A curtametraxe Lección de Arte, obtén a Cuncha de Ouro e a Perla do Cantábrico no Festival de Cine de San Sebastián (1962). Premio na Bienal de Arte de París en 1965 pola súa práctica de fin de Carreira Trotín Troteras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista Multitude de premios

Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Lasarte-Oria Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados por alzhéimer