Dalian Club de Fútbol profesional, coñecido como Dalian Pro, foi un club de fútbol profesional chinés localizado en Dalian, Liaoning, o cal competiu maioritariamente na Super Liga Chinesa. Dalian Pro xogaba os seus partidos locais en varios campos de fútbol da cidade de Dalian, incluíndo o Dalian Estadio de Centro dos Deportes, o Dalian Suoyuwan Estadio de Fútbol, o Jinzhou Estadio e o Puwan Stadium.

Historia

O club refundouno en setembro de 2009 a Empresa Dalian Aerbin Ltd., e arrancou a súa andaina dende a terceira categoría do fútbol chinés, Liga da China Dous. Gañou dúas ligas consecutivas na terceira e segunda categoría do fútbol profesional chinés, acadando o ascenso á Super Liga Chinesa no ano 2012, onde acadaron o seu máximo logro ao quedar de quintos clasificados. No ano 2014 descenderon dende a Liga Súper chinesa. En decembro de 2015 refundouse co nome de Dalian Yifang Club de Fútbol e en outubro do ano 2017quedaron campións da Liga da China Un conseguindo o ascenso á Liga Súper chinesa. En maio de 2019 o Dalian Yifang Club de Fútbol refundouse co nome de Dalian Club de Fútbol Profesional. O equipo desapareceu en xaneiro do ano 2024 debido a importantes débedas históricas que tiña.

Notas

Categoría:Equipos de fútbol da China