Cameron Mitchel Puertas Castro, nado en Lausana o 18 de agosto de 1998, é un futbolista hispano-suízo que xoga como centrocampista no Al-Qadsiah da Liga Pro Saudita.

Traxectoria Naceu na cidade suíza de Lausana, sendo fillo dunha pontevedresa e un granadino. Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Renens. Con 16 anos debutou co Forward-Morges na quinta categoría do fútbol suízo, sendo axiña considerado o mellor xogador do grupo rexional.

En 2017 fichou polo Lausanne-Sport, co que debutou na Challenge League. En 2020 conseguiu o ascenso á Super Liga, na que militou durante os seguintes dous anos. Pechou o seu paso polo club en 2022, cun total de 101 partidos disputados, 11 goles e 14 asistencias.

O 22 de xaneiro de 2022 asinou un contrato de tres anos e medio co Union SG de Bélxica. Na tempada 2022/23 debutou na Europa League e acadou os cuartos de final, antes de caer diante do Bayer Leverkusen. Na campaña 2023/24 acabou de explotar como futbolista: foi o mellor asistente da liga belga, con 19 pases de gol en 40 partidos, foi elixido mellor xogador da liga, e gañou a Copa de Bélxica diante do Antwerp.

En agosto de 2024 puxo rumbo a Arabia Saudita, onde asinou como novo xogador do Al-Qadsiah.

Vida persoal Aínda que naceu e se criou en Suíza, só conta coa cidadanía española, herdada dos seus pais. Estivo a piques de obter a cidadanía suíza en 2021, pero o proceso de naturalización detívose despois de que fose descuberto conducindo sen carné.

Palmarés Lausanne-Sport Challenge League (1): 2019/20.

Royale Union Saint-Gilloise Copa de Bélxica (1): 2023/24.

Individual Xogador da Tempada nos Premios Pro League (1) 2023/24. Bota de Prata Belga (2):''' 2023, 2024.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Lausana Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Xogadores do FC Lausanne-Sport