Villas Viejas ou Villas-Viejas é unha aldea do concello de Huete, na provincia de Cuenca (Castela-A Mancha). Está despoboada.

Geografía A aldea sitúase xunto ao río Gigüela, na comarca de La Mancha de Cuenca. É un exclave do concello de Huete, ao cal está unido desde a Idade Media, e dista 30 km da vila de dito nome. Sitúase xunto á estrada que une Madrid e Valencia.

Historia A mediados do século XIX estaba despoblado. Tanto no Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano (1828) coma no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1850) aparece citado como Villavieja. A mesma forma aparece en 1926,Gómez Alonso, J. (1926): España automovilista. Bilbao. Pág. 24. 1932López Hidalgo, A. (1932): Guía Automovilista de las Carreteras de España. Madrid, Segunda edición. Pág. 142. e 1954.VV.AA. (1954): España Autopista. Guía descriptiva de Turismo y Carreteras de España, Portugal, Francia e Italia y de Itinerarios Ferroviarios de España. Madrid. Pág. 200.

En agosto de 1936, durante a guerra civil española, a Confederación Nacional do Traballo colectivizou a aldeaVV.AA. (1974): El movimiento libertario español. Pasado, presente y futuro . Ruedo Ibérico. Páx. 118.Álvarez Delgado, I. F.; López Villaverde, Á. L. (2002): "Un enclave cenetista en una ciudad levítica: apuntes para una historia del anarquismo en Cuenca". Comunicación del Congreso del 75 aniversario de la FAI. Guadalajara.Rodrigo González, N. (1985): Las colectividades agrarias en Castilla-La Mancha. Toledo.Gutiérrez Molina, J. L. (1977): Colectividades libertarias en Castilla-La Nueva. Campo Abierto, Madrid. e creáronse as escolas.Tiana Ferrer, A. (1987): Educación Libertaria y revolución social. Madrid: UNED. Até mediados do século XX estivo atravesada pola estrada N-3, mais modificouse a vía e creouse unha nova ponte río arriba e mais unha pousada. Anos despois, coa construción da autovía A-3, creouse unha estación de servizo e un hotel.

Patrimonio Igrexa de San Miguel. Contrebia Carbica. Poboado ibero-romano no outeiro de Cuarto de Bayona ou Fosos de Bayona. Oppidum celtibérico de 33 hectáreas, abandonado antes da romanización, defendido por unha muralla circular e un foso. En 1978 realizáronse catas arqueolóxicas da man de C. Moncó e M. Bartelhemy.Blanco Freijeiro, A. (1982): "Poblado ibero-romano de Cuarto de Bayona (Villasviejas, Huete, Cuenca). Declaración de monumento histórico-artístico", en Boletín de la Real Academia de la Historia, núm 179, cuaderno 1, p. 191. Fábrica de papel, xunto ao canal de El Prado del Molino, con augas do río Gigüela.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Provincia de Cuenca Categoría:Despoboados de España