Nuno Gallego Fernández, nado en Ourense o 6 de setembro de 2001, é un actor e bailarín galego, coñecido especialmente por series de televisión.
Traxectoria
Por razóns laborais dos pais, marchou vivir a Madrid cando neno. Fixo estudos de interpretación na Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid e proseguiunos na RESAD.
En 2022, conseguiu o seu primeiro papel de importancia, ao interpretar a Darío en UPA Next, a continuación da serie dramática UPA Dance, ambientada nuha escola de danza. UPA Next foi unha produción de Atresplayer, e o seu personaxe era o dun mozo que aprendía a bailar na escola.
En 2024, formou parte do elenco da derradeira tempada, a oitava, de Élite, unha serie dramática de Netflix para post-adolescentes, onde interpretaba a Héctor Krawietz. Ese mesmo ano, participou tamén na serie Clanes, para a mesma plataforma. Ao ano seguinte, 2025, ocupou tamén un papel protagonista (Cristian Delallave) en Olympo, unha serie de Netflix sobre a homosexualidade no deporte.
Vida persoal Vive coa súa parella, a tamén actriz Clara Galle. E sobriño da tamén actriz Miryam Gallego, que é irmá do pai.
Notas
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 2001 Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Galegos de Madrid