O Club Velocipedista foi un club ciclista que existiu na Coruña entre 1896 e 1898, sendo un dos primeiros clubs deportivos da cidade.
Historia O Club Velocipedista foi fundado en 1896 na Coruña, sendo o seu presidente César Suárez de Centi. Con sede primeiramente na praza de touros da cidade, organizou dende o seu nacemento diversas probas e competicións ciclistas, así como excursións a outras vilas e cidades. En 1897 organizaron tamén asaltos de esgrima e varias regatas nas que participaron embarcacións da Armada e doutros clubs como o Círculo de Artesáns. Ademais participaron na inauguración do velódromo do Corralón da Gaiteira e organizaron festivais benéficos a favor da Cruz Vermella. miniatura|Juan Long, Waldo Gil, Eduardo Minchin e José Ramón Curbera na saída dunha carreira organizada polo Club Velocipedista en 1897. Entre os seus membros encontrábanse deportistas como Juan Long ou o portugués Eduardo Minchin, alcumado "Pernas de Ferro". A finais de 1897 foi elixido presidente Guillermo Mitchel e trala súa renuncia ocupou o cargo Antonio López Pérez. A sociedade disolveuse en setembro de 1898.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Círculo de Artesáns Sporting Club Casino
Categoría:Equipos ciclistas Categoría:Ciclismo en Galicia Categoría:Deporte na Coruña