Na mente do asasino foi un programa de televisión semanal producido por Voz Audiovisual e emitido pola Televisión de Galicia entre 2020 e 2021, presentado por Pablo Carballo.

Características

O programa ten dúas partes: primeiro emítese un documental con imaxes de arquivo e entrevistas sobre un crime cometido en Galicia, e despois ofrécese un debate no que participan persoas expertas de ámbitos como o xudicial, psiquiátrico, sociolóxico ou forense.

Capítulos "A casa dos Mouriño" (29 de setembro de 2020). O 29 de outubro de 2010 ardeu unha casa no Outeiro (Barcia, Lalín). A nai da familia matou a filla dun golpe cunha maza na cabeza, e o matrimonio provocou o incendio que acabou coa vida dun home maior. No debate participaron o criminólogo Luis Alamancos, o policía Luis García Mañá, a médica forense Berta Rodríguez e o catedrático de psicoloxía criminal Jorge Sobral. "O caso de Ana Enjamio" (6 de outubro de 2020) O 17 de decembro de 2016 Ana María Enjamio Carrillo, de 25 anos, foi acoitelada en Vigo pola súa exparella "O crime do holandés" (13 de outubro de 2020). Emitiuse tamén o documental Santoalla. "Matar para ser nai" (20 de outubro de 2020) "O crime do Chucán" (27 de outubro de 2020). O 16 de setembro de 2007 a madrileña Pilar Palacios Caballero, de 36 anos, foi asasinada en Arxemil (San Martiño de Anllo, Sober) por José Carnero Fernández dun golpe na cabeza. "O Chicle" (3 de novembro de 2020). O 22 de agosto de 2016 Diana Quer, de 18 anos, foi secuestrada, agredida sexualmente e asasinada por José Enrique Abuín Gey "O veleno en Maceda" (10 de novembro de 2020) "O parricida de Oza" (17 de novembro de 2020) "Un sicario en Verín" (1 de decembro de 2020) "Un tiro en San Xoán" (8 de decembro de 2020) "Axuste de contas en Xermade" (15 de decembro de 2020) "Matei dúas mulleres" (12 de xaneiro de 2021) "O asalto ao Banco de España" (19 de xaneiro de 2021) "Bebedores de sangue" (26 de xaneiro de 2021). En setembro de 1925 en Brántega (Agolada) Álvaro Sarandeses, un neno de dezanove meses, foi asasinado para que un mozo enfermo de tuberculose puidese beber o seu sangue. No debate participaron a historiadora Natalia Monje, o fiscal Antonio Roma Valdés, a doutora Ángela Torre Iglesias e o médico forense Fernando Serrulla. Comentouse tamén o caso de Manuel Blanco Romasanta. "Xustiza para Déborah" (2 de febreiro de 2021). O 30 de abril de 2002 Déborah Fernández-Cervera Neira, de 22 anos, desapareceu na praia de Samil (Vigo), e o seu cadáver apareceu semanas despois

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Programas de televisión de Galicia