O cardeal europeo, tamén coñecido como paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula) é un pequeno paxaro da familia dos frinxílidos.
Características É un pequeno paxaro, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. Tanto o macho como a femia teñen unha fita branca nas ás.
Hábitat É un paxaro común en Europa e nas zonas tépedas de Asia. É fundamentalmente unha ave estábel, pero os exemplares que viven nas rexións máis setentrionais realizan migracións cara ao sur no verán. Vive tamén en parques e xardíns, e prefire os bosques de coníferas.
Comportamento esquerda|miniatura|250px|Femia (esquerda) e macho (dereita) de cardeal miniatura|Pyrrhula pyrrhula europoea
Fai o niño en árbores e arbustos, con postas de entre catro e sete ovos. Aliméntase sobre todo de sementes e de abrochos de froiteiras.
Viven en parella ou en familias reducidas, e non forman grandes comunidades nin bandadas. Como dato curioso, os espermatozoides do cardeal son redondeados e cun acrosoma romo, feito non frecuente entre os paseriformes.
O Cardeal dos Azores, que nun comezo se crera unha subespecie deste cardeal, agora tense por unha especie de seu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeos de cardeal en Internet Bird Collection
Categoría:Frinxílidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de Galicia