Vladimir Vasiutin (en ruso: Влaдимиp Bлaдимиpoвич Васютин), nado en Khárkiv (óblast de Khárkiv), na actual Ucraína e entón pertencente á Unión Soviética, o 8 de marzo de 1952 e finado o 19 de xullo de 2002, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz T-14.
Traxectoria Vasiutin graduouse na Escola Superior de Pilotos Militares de Chuguyev en 1973. En 1987 graduouse na Academia Gagarin da Forza Aérea en Monino e da Academia de Persoal Xeral en 1994. Tras ser seleccionado como candidato a astronauta, fixo o seu adestramento entre o 23 de agosto de 1976 e o 39 de xaneiro de 1979. Participou na misión Soiuz T-14 á estación espacial Saliut 7, pasando un total de 64,91 días no espazo. Retirouse do corpo de cosmonautas o 25 de febreiro de 1986 por razóns médicas. Finou o 19 de xullo de 2002.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz T-14
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados na rexión de Kharkiv