miniatura|265px|Elias Fries de vello. miniatura|261x261px|Edificación que contén información histórica sobre Elias Fries en Femsjö.
Elias Magnus Fries (nado o 15 de agosto de 1794 – finado o 8 de febreiro de 1878) foi un micólogo e botánico sueco. Ás veces foi denominado "o Linné da Micoloxía". Nos seus traballos describiu e asignou nomes botánicos a centos de especies de fungos e liques, moitas das cales seguen levando a súa autoría hoxe.
Carreira Fries naceu en Femsjö (municipalidade de Hylte), Småland, fillo do pastor eclesiástico desa localidade. Asistiu á escola en Växjö.
Adquiriu un amplo coñecemento das plantas con flor do seu pai. En 1811 Fries estudou na Universidade de Lund baixo Carl Adolph Agardh e Anders Jahan Retzius. Obtivo o seu doutoramento en 1814. Ese mesmo ano foi nomeado profesor asociado en botánica. Fries editou varias series de exsiccata (herbario publicado con etiquetas de coleccións de espécimes secos), empezando a primeira en 1818 co título Lichenes Sveciae exsiccati, curante Elia Fries e o último, publicado xunto con Franz Joseph Lagger, co título Hieracia europaea exsiccata. Foi elixido membro da Real Academia Sueca das Ciencias, e en 1824, converteuse en profesor titular. En 1834 converteuse en titular da cátedra Borgström (en sueco Borgströmianska professuren, unha cátedra financiada por Erik Eriksson Borgström, 1708–1770) en economía aplicada na Universidade de Uppsala. Ese posto foi cambiado a "profesor de botánica e economía aplicada" en 1851. Foi elixido Membro Honorario Estranxeiro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1849. Ese ano foi tamén nomeado director do Xardín Botánico da Univerwsidade de Uppsala. En 1853, converteuse en reitor da Universidade.Rines, George Edwin, ed. (1920). "Fries, Elias Magnus" . Encyclopedia Americana.
As obras máis importantes de Fries foron o Systema mycologicum (1821–1832) de tes volumes, Elenchus fungorum (1828), Monographia hymenomycetum Sueciae (1857 e 1863) de dous volumes e Hymenomycetes Europaei (1874).
Fries considérase, despois de Christiaan Hendrik Persoon, un dos pais fundadores da moderna taxonomía de cogomelos. A súa taxonomía de cogomelos estivo influenciada por Goethe e os románticos alemáns. Utilizou a cor das esporas e a disposición do himenóforo (poros, láminas, dentes etc.) como características taxonómicas principais. Foi un dos auores máis prolíficos de novas especies de fungos, e describiu formalmente 3210 especies ao longo da súa carreira.
Fries morreu en Uppsala o 8 de febreiro de 1878. Cando finou, o xornal The Times comentou: "Os seus numerosos traballos, especialmente sobre fungos e liques, déronlle unha posición en canto a ese grupo de plantas só comparable coa de Linné."The Times, xoves, 21 de febreiro de 1878; p. 6; número 29184; col. C A Fries sucedeuno no posto da cátedra Borgström (de 1859 a 1876) Johan Erhard Areschoug,Areschoug, John Erhard in Herman Hofberg, Frithiof Heurlin, Viktor Millqvist, Olof Rubenson, 1906, Svenskt biografiskt handlexikon, Albert Bonniers Förlag, Stockholm, pp. 42–43. (en sueco) despois do cal ocupou a cátedra Theodor Magnus Fries, fillo de Elias (de 1877 a 1899).Fries, Teodor (Thore) Magnus in Herman Hofberg, Frithiof Heurlin, Viktor Millqvist, Olof Rubenson, 1906, Svenskt biografiskt handlexikon, Albert Bonniers Förlag, Stockholm, pp. 361–362. (In Swedish)
Publicacións Monographia Pyrenomycetum Sueciae (1816) Systema Mycologicum (1821) Systema Orbis Vegetabilis (1825) Elenchus Fungorem (1828) Lichenographia Europaea Reformata (1831) Epicrisis Systematis Mycologici: seu synopsis hymenomycetum (1838)
Referencia botánica A abreviación Fr. úsase para indicar a súa autoría cando se cita un nome botánico.International Plant Names Index Fr.
Familia
A súa esposa foi Christina Wieslander (1808–1862), coa cal tivo nove fillos. O seu fillo Theodor Magnus Fries foi botánico e liquenólogo, e foi titular da cátedra Borgström, igual que seu pai, e outro fillo, Oscar Robert Fries, fíxose médico en Gotemburgo e tamén tiña interese na micoloxía. Os fillos de Theodor "Thore" Magnus chamados Thore Christian Elias Fries e Robert Elias Fries tamén foron botánicos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
"Elias Magnus Fries", Authors of fungal names, Mushroom, the Journal of Wild Mushrooming. Páxina web dos descedentes da Elias Fries Association "Fries, Elias Magnus". New International Encyclopedia. 1906.
Categoría:Nados en 1794 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Botánicos de Suecia Categoría:Biólogos de Suecia Categoría:Micólogos