Maria Gripe, nada como Maja Stina Walter en Vaxholm o 25 de xullo de 1923 e finada en Rönninge o 5 de abril de 2007, foi unha escritora sueca de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria Filla dun escritor, casou co pintor e ilustrador Harald Gripe, que a animou a escribir e máis tarde había de ilustrar moitos dos seus contos, foi autora de preto de 40 libros, traducidos a 29 idiomas; concedéronlle a medalla Andersen no 1974, considerada o equivalente do Premio Nobel para escritores de literatura infantil. A propia María Gripe contaba que comezou escribir aos 12 anos en que redactou unha novela de cabalarías. Con todo, non o fixo de xeito profesional ata que a súa filla tivo sete anos. Para ela escribira o relato I var lilla stad (Na nosa pequena cidade), que foi a súa primeira obra, publicada en 1954.

Acadou o seu primeiro grande éxito con Hugo och Josefin pero, sen dúbida, o que lle deu definitivamente sona internacional foi a serie protagonizada polo mozo Elvis Karlsson, un dos grandes retratos de neno (e mozo, porque a serie acompaña ao pequeno Elvis ata a adolescencia) da historia da literatura universal. A súa novela de misterio Os escaravellos voan á tardiña foi traducida ao galego polo escritor Carlos Casares.

Obras Base de datos libros en sueco Hugo och Josefin (1962) A filla do espantallo (Título orixinal: Pappa Pellerins dotter, 1963) ISBN 84-348-3121-X Os fillos do vidrieiro (Título orixinal: Glasblåsarns barn, 1964) ISBN 84-348-3127-9 O Rei e o cabeza de turco (Título orixinal: I klockornas tid, 1965) ISBN 84-348-3699-8 Hugo (1966) Landet utanför (1967) Glastunneln (1969) Nattpappan (1970) Elvis Karlsson (1973) O abrigo verde (Título orixinal: Ellen, dellen, 1974) ISBN 84-348-3125-2 Agnes Cecilia: en sällsam historia (1981) Skuggan över stenbänken (1982) Os escaravellos voan á tardiña (Título orixinal: Tordyveln flyger i skymningen, 1983) ISBN 84-348-2812-X ...och de vita skuggorna i skogen (1984) Skuggornas barn (1986)

Notas

Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Nados no condado de Estocolmo Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2007