Hans von Aachen, nado en Colonia en 1552 e finado en Praga o 4 de marzo de 1615, foi un pintor alemán.

Traxectoria Fillo dunha familia orixinaria de Aquisgrán, comezou como pupilo do pintor flamengo Jerrigh. No 1574 marchou a Italia para perfeccionar os seus estudos en Florencia, Roma e Venecia, desenvolvendo un estilo manierista. De volta en Alemaña no 1588 realiza retratos para a nobreza. Dende 1592 realizou os retratos oficiais de Rodolfo II en Praga.

Autor de pinturas de temas bíblicos e mitolóxicos, as súas obras están expostas no Ermitage (San Petersburgo), no Museo Pau Getty (Os Ánxeles), na Galería Nacional de Londres, Galería Nacional de Praga e outros museos en Alemaña e os Estados Unidos.

Galería de imaxes

Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do século XVI Categoría:Pintores do século XVII Categoría:Nados en Colonia Categoría:Nados en 1552 Categoría:Finados en 1615 Categoría:Maneirismo