350px|miniatura|dereita|O Aberto dos Estados Unidos é un prestixioso torneo Grand Slam. O tenis é un deporte que disputado entre dous xogadores (individuais) ou entre dous equipos formados por dous xogadores cada un (dobres). Cada xogador usa unha raqueta para golpear unha pelota de goma oca cuberta de feltro por riba dunha rede cara á cancha do opoñente.

O tenis moderno orixinouse no Reino Unido a finais do século XIX como "tenis de céspede",En inglés, "lawn tennis" que tiña moitas similitudes con varios xogos de herba, así como co xogo antigo do tenis real.En inglés, "real tennis" ou "royal tennis" O tenis é un deporte olímpico, ademais de ser xogado por persoas de distintos niveis sociais de tódalas idades. O deporte pódese xogar por calquera que poida agarrar unha raqueta, o que inclúe as persoas en cadeira de rodas.

As regras do tenis cambiaron moi pouco desde a década de 1890. Dúas excepcións son que desde 1908 ata 1960 o xogador que sacaba debía ter un pé no chan todo o tempo e a adopción do tie-break nos anos 70. Ademais, recentemente produciuse a inclusión no tenis profesional dunha tecnoloxía electrónica de revisión xunto a un sistema de impugnación de puntos que permite a un xogador rebater a decisión dun xuíz (de liña ou cadeira) de se a pelota entrou ou non.

O tenis é moi popular en todo o mundo grazas aos catro torneos Grand Slam: o Aberto de Australia, Roland Garros, Wimbledon e o Aberto dos Estados Unidos.

Historia

Antecedentes miniatura|Pintura en Cremona a finais do século XVI. miniatura|Jeu de paume no século XVII. Os historiadores cren que a antiga orixe do xogo estaba no norte de Francia do século XII, onde se golpeaba unha pelota coa palma da man. Lois X de Francia foi un entusiasta xogador do jeu de paume ("xogo da palma"), que evolucionou cara ao tenis real, e fíxose notable como a primeira persoa do mundo en construír pistas de tenis cubertas no estilo moderno. Lois non estaba satisfeito xogando ao tenis ao aire libre e, en consecuencia, tiña pistas cubertas e pechadas feitas en París "ao final do século XIII". No seu momento este deseño estendeuse polos pazos reais de toda Europa. En xuño de 1316 en Vincennes, Val do Marne, e despois dun xogo particularmente esgotador, Lois bebeu unha gran cantidade de viño arrefriado e, posteriormente, morreu de pneumonía ou pleurite, aínda que tamén se sospeitaba un envelenamento. Debido aos relatos contemporáneos da súa morte, Lois X é o primeiro tenista da historia coñecido polo seu nome. Outro dos primeiros entusiastas do xogo foi o rei Carlos V de Francia, que tiña unha corte estabelecida no Palacio do Louvre.

Non foi ata o século XVI cando as raquetas comezaron a usarse e o xogo comezou a chamarse "tenis", do termo francés tenez, que se pode traducir como "recibe!" ou "toma!", unha interxección usada como chamada do servidor ao seu opoñente. Foi popular en Inglaterra e Francia, aínda que o xogo só se xogaba no interior, onde o balón podía ser golpeado contra a parede. Henrique VIII de Inglaterra era un gran seareiro deste xogo, que no presente se coñece como tenis real.Crego, Robert. Sports and Games of the 18th and 19th Centuries, páxina 115 (2003).

Durante o século XVIII e comezos do XIX, a medida que o tenis real esmorecía, xurdiron novos deportes de raqueta en Inglaterra. A invención do primeiro cortacéspede en Gran Bretaña en 1830 crese que foi un catalizador para a preparación de pistas de herba de estilo moderno, óvalos deportivos e campos de xogo. Isto, á súa vez, levou á codificación de regras modernas para moitos deportes, incluído o tenis de herba, a maioría dos códigos de fútbol entre outros.Australian Broadcasting Corporation's Radio National Ockham's Razor, first broadcast 6 de xuño de 2010.

Orixe do deporte moderno miniatura|dereita|A casa de Augurio Perera en Edgbaston, Birmingham, Inglaterra, onde el e Harry Gem xogaron por primeira vez un partido de tenis sobre herba. Entre 1859 e 1865, Harry Gem, un avogado, e o seu amigo Augurio Perera desenvolveron un xogo que combinaba elementos de raquetas e o xogo de pelota vasca, que xogaban no céspede de cróquet de Perera en Birmingham, Inglaterra.Tyzack, Anna, The True Home of Tennis Country Life, 22 de xuño de 2005 En 1872, xunto con dous médicos locais, fundaron o primeiro club de tenis do mundo en Avenue Road, Leamington Spa. Aquí é onde se utilizou por primeira vez "tennis sobre herba" como nome dunha actividade dun club.

En Tennis: A Cultural History, Heiner Gillmeister revela que o 8 de decembro de 1874, o oficial do exército británico Walter Clopton Wingfield escribiu a Harry Gem, comentando que el (Wingfield) levaba "un ano e medio" experimentando coa súa versión do tenis sobre herba. En decembro de 1873, Wingfield deseñou e patentou un xogo que el chamou sphairistikè (, que significa "xogo de pelota"), e que axiña se coñeceu simplemente como "sticky" (pegañento), para o divertimento dos invitados a unha festa no xardín na propiedade do seu amigo de Nantclwyd Hall, en Llanelidan, Gales. Segundo R. D. C. Evans, un agrónomo, "todos os historiadores do deporte coinciden en que [Wingfield] merece gran parte do crédito polo desenvolvemento do tenis moderno".J. Perris (2000) Grass tennis courts: how to construct and maintain them p.8. STRI, 2000Major Walter Clopton Wingfield International Tennis Hall of Fame. Consultado o 24 de setembro de 2011 Segundo Honor Godfrey, conservador do museo de Wimbledon, Wingfield "popularizou enormemente este xogo. Produciu unha caixa que incluía unha rede, paus, raquetas, pelotas para xogar, e o máis importante era que tiñas as súas regras. Era moi bo en mercadotecnia e enviou o seu xogo por todo o mundo. Tiña moi boas conexións co clero, cos avogados e a aristocracia e enviou miles de paquetes no primeiro ano máis ou menos, en 1874"."125 years of Wimbledon: From birth of lawn tennis to modern marvels" . CNN. Consultado o 21 de setembro de 2011 O torneo anual de tenis máis antigo do mundo tivo lugar no Leamington Lawn Tennis Club de Birmingham en 1874.[Tennis: A Cultural History by Heiner Gillmeister] Isto foi tres anos antes de que o fixera o All England Lawn Tennis and Croquet Club cos seus primeiros campionatos en Wimbledon, en 1877. Os primeiros campionatos culminaron cun debate significativo sobre como estandarizar as regras.

esquerda|miniatura|Tenis sobre herba nos Estados Unidos, en 1887. Nos Estados Unidos en 1874, Mary Ewing Outerbridge, unha nova socialite, regresou das Bermudas cun conxunto de sphairistikè. Ela quedou fascinada polo xogo de tenis despois de ver xogar aos oficiais do exército británico. Ela puxo unha pista de tenis no Staten Island Cricket Club de Camp Washington, Tompkinsville, Staten Island, en Nova York. O primeiro campionato nacional estadounidense xogouse alí en setembro de 1880. Un inglés chamado O.E. Woodhouse gañou o título individual e unha copa de prata por valor de 100 dólares ao derrotar ao canadense I. F. Hellmuth. Tamén houbo un partido de dobres que foi gañado por unha parella local. Había regras diferentes en cada club. A pelota en Boston era máis grande ca a que se usaba normalmente en Nova York.

O 21 de maio de 1881, creouse a organización de tenis nacional máis antiga do mundo,[Heiner Gillmeister Tennis: A Cultural History] a Asociación Nacional de Tenis sobre Herba dos Estados Unidos (agora Asociación de Tenis dos Estados Unidos) co fin de estandarizar as regras e organizar competicións. O Campionato Nacional de Individual Masculino dos Estados Unidos, agora Aberto dos Estados Unidos, celebrouse por primeira vez en 1881 no Casino de Newport, en Newport, Rhode Island. Os Campionatos Nacionais de Individuais Femininos dos Estados Unidos celebráronse por primeira vez en 1887 en Filadelfia. right|thumb|Tennis doubles final at 1896 Olympic Games O tenis tamén se popularizou en Francia, onde o Torneo de Roland Garros data de 1891, aínda que ata 1925 só estaban abertos aos tenistas que eran membros de clubs franceses. Así, Wimbledon, o Aberto dos Estados Unidos, o Aberto de Francia e o Aberto de Australia (que data de 1905) convertéronse e seguiron sendo os eventos máis prestixiosos do tenis. Xuntos, estes catro eventos chámanse Majors ou Slams (un termo tomado do bridge no canto do béisbol).

Equipamento 250px|miniatura|dereita|Unha raqueta de tenis moderna e dúas pelotas. Raquetas A raqueta de tenis está formada por unha empuñadura ou mango que une cun marco máis ou menos circular que contén un conxunto de cordas fortemente tensadas e entrelazadas as unhas coas outras de xeito vertical e horizontal. Durante o primeiro século do xogo moderno, as raquetas eran de madeira e de tamaño estándar, e as cordas estaban feitas de intestinos de animal. A construción de raquetas de madeira laminada proporcionou máis forza durante gran parte do século XX ata a primeira de metal e, máis tarde, a introdución das compostas de grafito, cerámica e metais pouco pesados como o titanio. Estes materiais máis fortes permitiron a produción de raquetas de máis tamaño que tiñan un rendemento aínda maior. Entrementres, a tecnoloxía conduciu ao uso de cordas sintéticas que dan a mesma sensación que os intestinos, pero con maior durabilidade.

Os xogadores avanzados melloran o seu rendemento cunha serie de trebellos postos na raqueta. Existen os amortecedores de vibración que se colocan na zona das cordas máis preto do mango. Tamén hai recubrimentos absorbentes para os mangos, chamados grips.

Pelotas As pelotas de tenis están feitas de goma oca cun revestimento de feltro. Malia seren orixinalmente de cor branca, a cor predominante foi cambiando gradualmente ata un amarelo ópticoEn inglés, "Optic Yellow" durante a última parte do século XX para permitir unha mellor visibilidade. A pelota debe ter un diámetro comprendido entre 6,350 e 6,668 cm e a súa masa pode variar desde os 56,7 ata os 58,5 gramos. Lanzada desde 254 centímetros de altura sobre unha base de formigón, unha pelota debe rebotar entre 134,62 e 147,32 cm.Características técnicas das pelotas de tenis

Vestimenta A vestimenta non cesou de evolucionar desde o inicio dos anos 80, facéndose máis lixeira e cómoda; pantalóns curtos e camisas para os homes e faldras para as mulleres. A chegada de novos tecidos e teas de poliéster a finais dos anos 90 permitiron a mellora da transpiración, e polo tanto da comodidade. As roupas máis frecuentes actualmente son a camiseta e os pantalóns curtos nos homes e a camiseta sen mangas e os pantalóns curtos nas mulleres.

Ademais, os xogadores usan a miúdo cintas nos seus pulsos para limpárense a suor da fronte e manteren as súas mans tamén secas. Por último, aínda que os partidos se poden xogar cunha gran variedade de zapatos, o calzado especializado ten solas anchas e chás que achegan estabilidade e estruturas frontais para evitar un desgaste excesivo.

Cancha

miniatura|Dimensións dunha pista de tenis. A pista de xogo é un rectángulo de superficie chá, adoito de herba, arxila,Tamén chamada de po de ladrillo ou terra batida. cemento ou asfalto (pistas duras) ou moqueta para pistas en interior. A pista ten 23,77 metros de longo e 8,23m de largo, para individuais, e 10,97m, para dobres. De todos os xeito, existe un espazo adicional en torno á cancha, necesario para que os xogadores poidan atinxir as pelotas que exceden as liñas ao botaren. Como división equitativa dos campos de cada xogador, hai unha rede separadora do largo da pista e paralela ás liñas de fondo. Esta rede ten unha altura de 1,07m na zona dos postes que a suxeitan e 91,4 cm na parte central.

A cancha de tenis moderno debe o seu deseño a Walter Clopton Wingfield que, en 1873, patentou unha pista moi semellante á actual para o tenis stické (sphairistike), un deporte inventado por el. Este modelo foi modificado en 1875 ata o actual que existe hoxe, con marcas similares ás da versión de Wingfield, mais coa súa forma de reloxo de area convertida nun rectángulo.

Liñas