O tesouro de Tourouvre é un tesouro monetario descuberto en 2010 na localidade de normanda de Tourouvre, no departamento francés de Orne. O conxunto foi adquirido polo municipio e conservado no Museo de Normandía en Caen.

A descuberta produciuse durante unha prospección arqueolóxica realizada despois de que o propietario do terreo denunciase o saqueo ao departamento rexional de arqueoloxía. Os diagnósticos estableceron que a zona estivera ocupada desde os galos ata o final do alto Imperio Romano. O tesouro estaba contido en dúas botellas de vidro achadas durante a prospección, unha das cales resultou danada no transcurso da operación.

Con máis de catrocentas pezas, entre moedas e xoias, o tesouro, que puido ser estudado en profundidade, sobre todo por estar completo, dá testemuño da crise que atravesou a zona de Normandía no derradeiro terzo do século III, nun momento de especial axitación provocado polas invasións de piratas xermanos e francos.miniatura|esquerda|Casa de Bellegarde en Tourouvre.|200x200px Localización O achado do tesouro tivo lugar en 2010 na localidade de Tourouvre, que lle dá o nome, en concreto nun lugar coñecido como «Bellegarde», no departamento de Orne.Guihard, P. M. (2010). Páxina 151.

A descuberta produciuse no transcurso dunha prospección arqueolóxica, localizada nun outeiro fronte á casa grande de Bellegarde, un edificio dos séculos XV-XVI.

Nas inmediacións localizouse ademais unha calzada romana.«Manoirs, châteaux et petit patrimoine». En Office du tourisme des Hauts du Perche (tourismehautsduperche.fr).

Descuberta En 2008, o propietario dos terreos decatouse de que se producira un saqueo na súa propiedade e denunciou estes feitos ao Servizo Rexional de Arqueoloxía (SRA).Mauguin, M. (2023).

O obxectivo da prospección arqueolóxica que se levou a cabo a continuación, dirixida por Guy Leclerc, era aclarar a natureza do depósito, na contorna dun campamento militar romano coñecido xa desde o século XIX.Marie, A. (2013). Páxina 60. As escavacións comezaron en abril de 2010, co apoio financeiro da Dirección Rexional de Asuntos Culturais RAC da Baixa Normandía.Guihard, P. M. (2011). Páxina 1. Escaváronse seis pozos de sondaxe, nuns traballos de campo que duraron dez días. Non se atoparon restos de edificios, aínda que si foxos, que estaban cheos de materiais de derruba. Ademais do tesouro, as escavacións achegaron outras 30 moedas esparexidas, o que indica que o depósito foi utilizado desde finais do período galo ata o século II.

O tesouro foi estudado por Pierre-Marie Guihard, do laboratorio numismático do Centro de Investigacións Arqueolóxicas e Históricas Antigas e Medievais (CRAHAM) da Universidade de Caen, logo de ser limpado polos técnicos do Departamento Rexional de Arqueoloxía de Île-de-France e tratado tamén polo Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. Para este estudo tomouse cada contedor por separado.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 151-152.miniatura|O tesouro exposto no Museo de Normandía, con algunhas das moedas e as xoias. A botella danada en primeiro plano é a botella I. Composición O tesouro de Tourouvre componse de 407 moedas do Imperio Romano, que datan dos reinados dos emperadores Domiciano (81-96) a Vitorino (268-281), con data de corte en 270. Hai dous depósitos, o primeiro de 130 moedas e o outro de 277, no que se inclúen tamén algunhas xoias.Guihard, P. M. (2010). Páxina 152. Ambos os depósitos foron simultáneos porque en senllos contedores se atoparon moedas de Vitorino datadas en 270.Guihard, P. M. (2010). Páxina 154. Dous terzos das moedas pódense datar entre 238 e 270, e o resto desde os Flavios ata antes de Gordiano III (238-244).Guihard, P. M. (2011). Páxina 2.

Botellas de vidro O tesouro está contido en dúas botellas rectangulares de vidro con dúas asas, estriadas e acobadadas, e de 15 a 16 cm de altura, dun tipo utilizado desde mediados do século II ao século III d.C.Marie, A. (2010). Páxina 166. Coñécense setenta e cinco exemplares destas botellas en Francia.

Unha delas resultou danada durante a escavación por un pico, en tanto que a outra se conserva intacta. O fondo dos recipientes presenta marcas inéditas:Marie, A. (2013). Páxinas 60-61. o danado ten un selo en forma de rombo e o segundo ten un selo máis elaborado.

Un dos frascos é similar a espécimes coñecidos en particular do norte da Galia e da rexión do Gard. Coñécense recipientes desta forma no centro e no oeste de Francia, e no val do Rin, e é posible que houbese un obradoiro nos arredores de Compiègne, aínda que esta hipótese non é universalmente aceptada.

Moedas e xoias miniatura|Moedas do tesouro. O tesouro descuberto inclúe un aro e un colgante cun denario romano montado nun medallón. O aro é moi sinxelo e sen adornos. O colgante presenta un bordo retorto e contén un denario emitido durante o reinado de Antonino Pío (138-161), cuñado na ceca de Roma entre 140 e 143.Guihard, P. M. (2010). Páxina 153. O reverso desta moeda, moi desgastado, representa unha loba aleitando os lendarios xemelgos Rómulo e Remo. A montura do colgante pode conter ouro. Este tipo de medallón era moi utilizado no século II. Ao faltar algún tipo de inscrición distintiva, non se pode establecer a identidade do propietario orixinal.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 153-154.

A presenza de xoias non é descoñecida nos achados de tesouros do século II, tanto nos acaecidos no século XVIII como nos do século XIX: constatouse en Les Préaux a finais do século XVIII, en Heudreville-sur-Eure (1880) e en Le Landin (1811), e o achado máis emblemático é un tesouro descuberto en Ruán durante os movementos de terras do século XIX.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 152-153.

As moedas son de prata e de billón. A primeira botella contén 130 antoninianos datados de Gordiano III a Vitorino, cunha gran proporción de moedas datadas nos anos 260 baixo Galieno (253-268) ou Póstumo (259-268). A segunda botella é similar á primeira canto á data final, aínda que contén moedas datadas na dinastía Flavia.Guihard, P. M. (2010). Páxina 155.

Hai poucas moedas falsas no depósito. Refírense principalmente a Póstumo, e son dun peso «só lixeiramente inferior» ao das moedas auténticas.Guihard, P. M. (2010). Páxina 157.miniatura|Detalle dun conxunto de moedas do tesouro.As moedas máis recentes descubertas no tesouro son emisións da ceca de Tréveris, emitidas por Vitorino en 270, e esta data parece que foi a elixida para o soterramento do tesouro, «un período rico en depósitos de moedas», con trinta e seis rexistrados na Galia occidental.Guihard, P. M. (2010). Páxina 162. Tamén se soterraron tesouros nesta época na costa británica.

Interpretación histórica

Gabinete familiar dunha familia acomodada Os especialistas consideran que se trata dun tesouro familiar, pertencente a unha familia economicamente solvente. A proporción de moedas dos anos 260 indica que a base do depósito eran moedas que estaban en circulación naquel momento. Pola súa banda, as xoias estaban destinadas a ser usadas por unha muller. O feito de que o depósito estea composto por dúas partes non lle resta en absoluto homoxeneidade ao conxunto.Guihard, P. M. (2010). Páxina 158.

O tesouro é un indicador da circulación monetaria no século III, en particular do uso dos antoninianos. Tamén dá testemuño da circulación de denarios do alto Imperio Romano —o que contradí a tese de Jean-Pierre Callu sobre a ausencia de circulación desas moedas despois de 251—, e é similar aos depósitos aparecidos en Gran Bretaña.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 155-156. O atesouramento do segundo contedor tivo lugar entre finais da década de 250 e principios da década de 260.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 156-157. Pola súa banda, as moedas falsas correspóndense ao período de 268 a 282.

A fin do atesouramento coincidiu coa fin do Imperio Galo. A segunda botella testemuña un longo proceso, a partir de mediados do século III, en tanto que a primeira está datada na década de 260: o depósito de Tourouvre é, xa que logo, «unha combinación de varios períodos de atesouramento». O propietario optou por conservar moedas con boa calidade de aliaxe, con poucas moedas desvalorizadas.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 157-158.

Testemuño dunha crise económica, política e social Véxase tamén: Crise do século III O soterramento das dúas botellas foi simultáneo, como indica a presenza de moedas que fixan un terminus ante quem en 270, coa fin do Imperio Galo en 274. O atesouramento na botella I comezou nos anos 260. A cronoloxía da botella II é moi ampla e amosa a rápida xeneralización da circulación dos antoninianos en detrimento dos denarios, e o atesouramento, moito máis prolongado, comeza a finais dos anos 250 e 260. Os aforros baseáronse en moedas de boa aliaxe, e cando a calidade das cuñaxes se deterioraba, o seu propietario non as consideraba aptas para as conservar. Guihard considera totalmente segura a data de soterramento en 270.miniatura|Facsímile de Notitia dignitatum exposto no Museo Arqueolóxico de Le Mans.O soterramento estivo vinculado a unha crise económica, política e social, aínda que as razóns non estean hoxe suficientemente claras. Os anos 260 e 270 foron particularmente inestables, cun contexto de inseguridade crecente: as incursións de piratas xermánicos afectaron a Galia a partir de 256, segundo Paulo Orosio (VII, 41), e duraron doce anos.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 162-163. En 268, piratas francos atacaron Flandres occidental, Calais e Boulonnais,Guihard, P. M. (2010). Páxina 164. e son abundantes as probas arqueolóxicas de destrución e abandono. A recuperación do control das rexións costeiras era un imperativo, e mostra diso foi a restauración das calzadas militares, con instalación de novos fitos para o traslado das tropas.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 163-164. A moeda destinouse entón ao pagamento das tropas encargadas de asegurar as zonas costeiras.Guihard, P. M. (2010). Páxina 163. A zona da actual Normandía pasou a formar parte da Litus Saxonicum segundo a Notitia dignitatum, xa que a costa da Canle da Mancha tiña unha importancia estratéxica.

O tesouro é un bo exemplo de soterramento con múltiples acochos, e a presenza dos recipientes de vidro coñécese tamén noutros lugares, como en Avezé, na rexión de Sarthe, datado no século III ou no século IV. Inscríbese este no marco do estudo dos tesouros do século III e contribuíu ao estudo dos emperadores galo-romanos, aínda que a proporción de moedas procedentes de emperadores de Roma sexa comparable.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 158-160.

Testemuño das relacións económicas en tempos do Imperio Galo? A proporción de moedas dos emperadores romanos é comparable á dos emperadores galos no tesouro de Tourouvre.Guihard, P. M. (2010). Páxinas 160-161. A cantidade de moedas de emperadores romanos socava a teoría de Callu de dous imperios, o Imperio galo e o Imperio central, estancos canto á circulación monetaria. O achado de Tourouvre é unha «nova e sólida confirmación» da circulación na Galia de moedas procedentes da península Itálica, onde estaban presentes a principios do Imperio Galo (260-274). Non existían obradoiros monetarios galos que cuñasen moedas para Galieno, polo que se descarta a orixe interna destas moedas.miniatura|Mapa coas fronteiras entre o Imperio Romano e o Imperio Galo en 271.

A cuestión do motivo de tal circulación é problemática. A razón económica achegada por Jean-Pierre Callu non se sostén, xa que a zona da actual Normandía estaba o suficientemente arredada dos principais circuítos comerciais como para non xustificar unha circulación óptima de moedas. Guihard considera que esta circulación se debeu a razóns militares, pola inseguridade reinante na época e no contexto das guerras entre Galieno, no centro do Imperio, e Póstumo en Occidente,Guihard, P. M. (2010). Páxinas 161-162. en 266-267.