Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro en 1539Donapetry Iribarnegaray, Juan (2003). Historia de Vivero y su Concejo. pp. 503. ISBN B84-86824-00-1. e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador de Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.
Traxectoria
Fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira e de Berenguela das Mariñas, Gómez Pérez foi nomeado gobernador de León o 30 de xaneiro de 1579. No seu recordo pódese atopar unha inscrición na Casa das Carnicerías da capital leonesa, que reza: Hízose este edificio, más las fuentes y calzadas de la ciudad, siendo Gobernador el muy ilustre Gómez Pérez das Mariñas. Año de 1581, el cual gobernó bien. O éxito no seu labor redunda no seu nomeamento, polo rei Filipe II, como corrixidor das cidades de Cartagena, Lorca e Murcia, o 27 de setembro de 1584, cargo que ocupa ata o 1 de xaneiro de 1587.
Gobernador de Filipinas No ano 1589, e en compensación aos seus servizos, recibe do Rei o hábito da Orde de Santiago e o nomeamento como Capitán xeneral das Illas Filipinas, a onde non chegará ata maio de 1590. Á súa xestión como Gobernador débense a construción das murallas de Manila, a reconstrución do Forte Santiago e o inicio das obras da catedral da cidade. Igualmente, fundou a poboación de Dasmariñas, a 24 quilómetros da capital, na provincia de Cavite (Calabarzón), e que na actualidade ten preto de 400.000 habitantes.
Destacou tamén no seu labor diplomático, sendo o primeiro gobernador español en establecer contactos co Xapón, e potenciando as relacións comerciais coa China. No entanto, falecería asasinado a bordo do navío "La Capitana", ao mando do cal se dirixía cara á conquista das illas Molucas. Sucederíao no cargo o seu fillo Luís.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Donapetry Iribarnegaray, Juan (2003). Historia de Vivero y su Concejo. ISBN 84-86824-00-1. Gómez Pérez das Mariñas, Capitán General de Murcia en el último tercio del siglo XVI. José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro (2001). A.Lage-Seara. "Viveiro un pueblo clave en la conquista del Pacífico". Mundiario, 2021. Ligazóns externas Ficha en sologenealogia.com
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Galegos de Filipinas Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1539 Categoría:Finados en 1593 Categoría:Cabaleiros da Orde de Santiago Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Historia moderna de Galicia