Jesús Carballedo Fernández, nado na Esperela (Baleira) cara a 1886 e finado no Cádavo o 9 de xuño de 1969, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Foi recadador do Concello de Baleira en 1922.El Progreso, 4-10-1922, p. 3. En 1931 era o secretario da Organización Republicana Gallega Autónoma en Baleira. Foi concelleiro de Baleira durante a República. Logo da morte do alcalde Manuel Carballedo Fernández en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Baleira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, do que foi absolto en 1941.BOE, 7-1-1942, p. 147. Entre outros motivos, foi acusado de realizar un mitin a Fronte Popular dende o balcón da súa casa do Cádavo un domingo de feira nas eleccións do 1936, ou que a súa casa era centro de reunión do esquerdismo local. No mitin interviñera José María Díaz Díaz-Villamil, Celestino Noya Rodríguez, Ricardo Gasset Alzugaray, Glicerio Albarrán Puente, facendo a presentación Argimiro Rico Trabada e a despedida Froilán Arias Escobar. Finou no Cádavo o 9 de xuño de 1969 con 82 anos.Necrolóxica en El Progreso, 10-6-1969, p. 2.
Vida persoal
Casou con Dolores Fernández Trashorras e foi pai de Carmen e Manuel Carballedo Fernández.
Notas
Categoría:Alcaldes de Baleira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1969