José Manuel Donoso Yáñez, nado en Santiago o e finado na mesma cidade o , máis coñecido como José Donoso, foi un escritor, xornalista e profesor chileno.Domínguez, Luis. Notas biobibliográficas en Los mejores cuentos de José Donoso, Zig-Zag, 1966.

Como escritor, formou parte do chamado «boom latinoamericano» das décadas de 1960 e de 1970, e recibiu varios galardóns, entre eles o Premio Nacional de Literatura en 1990.

Traxectoria

Familia Nacido nunha familia acomodada, foi o maior dos tres fillos do médico José Donoso Donoso e Alicia Yáñez Portaluppi, sobriña do xornalista Eliodoro Yáñez, fundador do diario La Nación. Os seus irmáns foron Gonzalo e Pablo Donoso Yáñez.

En 1961 casou coa pintora María Ester Serrano Mendieta, máis coñecida como Pilar Serrano (ou como María Pilar Donoso), filla do enxeñeiro chileno Juan Enrique Serrano Pellé e a boliviana Graciela Mendieta, a quen coñecera o ano anterior en Buenos Aires. Tras o seu matrimonio adoptaron unha nena en Madrid, Pilar Donoso.

Estudos e traballo Estudou en The Grange School, onde foi compañeiro de Luís Alberto Heiremans e do mexicano Carlos Fuentes, e no Liceo José Victorino Lastarria.

Durante a súa mocidade traballou como oficinista, moito antes de desenvolver a súa actividade literaria e docente. En 1945 viaxou á zona austral de Chile, onde traballou en facendas ovelleiras de Magallanes.

En 1947 empezou a estudar pedagoxía en inglés no Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile. En 1949, grazas a unha bolsa da Doherty Foundation, trasladouse a cursar filoloxía inglesa na Universidade de Princeton, onde tivo como profesores a Richard Palmer Blackmur, Lawrance Roger Thompson e John Orley Allan Tate. En 1951 graduouse BA en inglés tras completar a súa tese The Elegance of Mind of Jane Austen. An Interpretation of Her Novels Through the Attitudes of Heroines.

Primeiras publicacións Entre 1950 e 1951 MSS, a revista de Princeton, publicou os seus dous primeiros contos en lingua inglesa: «The blue woman» e «The poisoned pastries». Viaxou a México e a Centroamérica en 1951; logo regresou a Chile e en 1954 comezou a ensinar inglés no Pedagóxico da Universidade Católica e no Kent School.

O seu primeiro libro, Veraneo y otros cuentos (1955), gañou o Premio Municipal de Literatura de Santiago en 1956. Mentres vivía cunha familia de pescadores en Isla Negra, publicou a súa primeira novela, Coronación (1957), na que describiu a clase alta santiaguina e a súa decadencia; en 1965 publicouse por primeira vez nos Estados Unidos por Alfred A. Knopf e en Inglaterra por The Bodley Head.

Viaxes ao estranxeiro En 1958 viaxou a Buenos Aires, e volveu a Chile en 1960. Ese mesmo ano comezou a escribir para a revista Ercilla mentres se achaba viaxando por Europa, desde onde enviaba reportaxes. Logo continuou como redactor e crítico literario desa publicación até 1965. Posteriormente, colaborou tamén coa mexicana Sempre.

Viaxou a México en decembro de 1964 invitado ao Terceiro Simposio da Fundación Interamericana para as Artes. Permaneceu un tempo nese país, ao principio na casa de Carlos Fuentes, para seguir despois viaxe aos Estados Unidos, onde residiu un tempo. Publicou Un lugar sen límites (1966), novela curta considerada unha das súas mellores obras e que foi levada ao cinema en 1978 polo mexicano Arturo Ripstein. En 1967 trasladouse a España, onde permaneceu até mediados de 1980.

El obsceno pájaro de la noche (1970) é considerada a súa mellor novela e a máis complexa e ambiciosa. Traballou nela durante oito anos, interrompendo a súa escritura varias veces, ata que, segundo declarou o propio Donoso, un episodio de esquizofrenia provocado por unha alerxia á morfina durante o seu internamento por unhas úlceras permitiulle terminala. O crítico literario Harold Bloom considéraa unha das obras esenciais do canon da literatura occidental do século . Publicou o ensaio Historia personal del boom (1972) e Tres novelitas burguesas (1973).

Con Casa de campo (1978) —novela que se leu como unha crítica en clave de metáfora á ditadura chilena— obtivo o Premio da Crítica en 1979. A súa novela erótica Lamisteriosa desaparición de la marquesita de Loria (1979) demostrou, para algúns incondicionais, que dominaba todos os rexistros literarios con igual mestría.

Regreso a Chile A mediados de 1980 regresou a Chile, onde creou un taller literario no que participaron, nun primeiro período, escritores como Roberto Brodsky (Elarte de callar, Bosque quemado), Marco Antonio da Parra, Carlos Franz (El lugar donde estivo el paraíso, El desierto, Almuerzo de vampiros), Carlos Iturra (Paisaje masculina), Eduardo Llanos, Marcelo Maturana, Sonia Montecino Aguirre (La revoueta), Darío Oses (Machos tristes), Roberto Rivera e, moi fugazmente, Jaime Collyer (Gente al acecho, Cien pájaros volando), Gonzalo Contreras (ALa ciudad anterior, El nadador, El gran mal) e Jorge Marchant Lazcano. En ciclos posteriores, asistiron Arturo Fontaine Talavera, Alberto Fuguet, Alejandra Basualto e Ágata Gligo, entre outros.

O ingresou á Academia Chilena da Lingua. A novela l jardín de al lado (1981) confirmouno como un dos autores máis brillantes da literatura chilena da segunda metade do século.

O a policía chilena detívoo en Castro, xunto con outros intelectuais, por participar nunha «reunión política non autorizada» no estado de sitio vixente. «Eles poderán dicir que era un acto cultural, pero incautáronselles centos de panfletos contra o Goberno», sinalou o comandante Mario Valenzuela, gobernador suplente da zona, segundo informou El País ao día seguinte. O grupo participara nunha manifestación do Comité de Defensa dos Dereitos do Pobo, que protestaba contra a exoneración de varios profesores da zona. Donoso atopábase na illa porque arrendara en xaneiro dese ano unha casa co obxectivo de refuxiarse e escribir alí a súa novela La desesperanza, publicada ao ano seguinte por Seix Barral.

Últimos anos de vida Recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1990 e a Orde ao Mérito Docente e Cultural Gabriela Mistral no grao de Gran Oficial en 1994.

Continuou publicando algúns libros, aínda que eles non obtiveron a mesma repercusión de obras anteriores: as novelas breves aratuta/Naturaleza muerta con cachimba (1990) e Donde van a morir los elefantes (1995), e as memorias Conjeturas sobre la memoria de mi tribu (1996).

O morreu na súa casa da capital chilena, a consecuencia do cancro hepático que padecía. No seu leito de morte, segundo se dis pediu que lle lesen o poema Altazor, de Vicente Huidobro. Os seus restos foron inhumados no cemiterio de Zapallar.

Postumamente apareceron El Mocho (1997) e Lagartija sin cola (2007) —esta última inconclusa e orixinalmente chamada A cola de la lagartija, pero cuxo título foi modificado pola editorial—.

Revelacións tras a súa morte Aínda que abandonara o seu país antes de 1973, despois do golpe de estado chileno dese ano considerouse un exiliado en España. Entre 1971 e 1975, Donoso e a súa familia viviron en Calaceite, España. A súa filla Pilar describe o seu fogar aragonés do seguinte xeito no seu libro "Correr un tupido velo" (2010)

En 2010 publicouse unha sorte de biografía —Correr el tupido velo, Premio Altazor 2011 de ensaio—, obra mestra da súa filla adoptiva española, Pilar Donoso (1967-2011). Neste libro móstrase o «laboratorio creativo» do escritor, inclúense moitos extractos dos diarios persoais de Donoso e da súa muller, e revélanse a homosexualidade, a paranoia, o egocentrismo e os constantes e incurables problemas económicos do escritor; o alcoholismo e a adicción aos antidepresivos da súa esposa; e a tormentosa relación e convivencia auto e alterdestructiva entre o tres.

A súa viúva, María Pilar Donoso, morreu en Santiago en febreiro de 1997. A súa filla Pilar, casada co seu curmán Cristóbal Donoso Larraín, suicidouse con fármacos na capital chilena o .

Obras

Novelas

Coronación (1957) Este domingo (1966) El lugar sin límites (1966) El obsceno pájaro de la noche (1970) Casa de campo (1978) La misteriosa desaparición de la marquesita de Loria (1980) El jardín de al lado (1981) La desesperanza (1986) Donde van a morir los elefantes (1995) El Mocho (1997) Lagartija sin cola (2007)

Coleccións de novelas breves

Tres novelitas burguesas (1973). «Chatanooga Choochoo», «Átomo verde número cinco» y «Gaspard de la nuit». Cuatro para Delfina (1982). «Sueños de mala muerte», «Los habitantes de una ruina inconclusa», «El tiempo perdido» y «Jolie Madame». Taratuta/Naturaleza muerta con cachimba (1990)

Relatos

«The Blue Woman» (revista MSS, Universidad de Princeton, 1950). Unah versión en español, «La mujer azul», foipublicada por El Malpensante en 2014. «The Poisoned Pastries» (revista MSS, Universidad de Princeton, 1951). Unha versión en español, «Los pasteles envenenados», apareceu en Dossier 24 en 2014. «China» (publicado en 1954 n Antología del nuevo cuento chileno yeposteriormente incluido en Los mejores cuentos de José Donoso/Cuentos) Veraneo y otros cuentos (Editorial Universitaria, Santiago, 1955). «Veraneo», «Tocayos», «Fiesta en grande», «El güero», «Dinamarquero», «Dos cartas» y «Una señora». Dos cuentos (editorial Guardia Vieja, Santiago, 1956). «Ana María» e «El hombrecito». El charleston (Editorial Nascimento, Santiago, 1960). «El hombrecito», «Ana María», «El charlestón», «La puerta cerrada», «Paseo» e «Santelices». Los mejores cuentos de José Donoso (Zig Zag, 1966), tamén publicado como Cuentos (Seix Barral, 1971; Alfaguara, 1998) e Cuentos reunidos (Alfaguara, 2022). Inclúe los relatos de Veraneo y otros cuentos y El charleston, ademais de «China».

Ensaio

Historia personal del boom (1972). Dez años máis tarde publicóou unha nuoa edición con apéndice do autor, seguido de «El boom doméstico», de María Pilar Donoso. Reeditado en 2021 como Historia personal del boom y otros escritos, xunto con ensaios rescatados, pola editorial da Universidade Diego Portales. Jane Austen y la elegancia de la mente (The Elegance of Mind of Jane Austen. An Interpretation of Her Novels Through the Attitudes of Heroines, 2021). A súa tese, escrita en inglés e presentada en 1951 para obter o grao de licenciado en artes liberais na Universidad de Princeton. Tradución de Rodrigo Rojas.

Compilación de artigos e outros textos

Artículos de incierta necesidad (1998) El escribidor intruso. Artículos, crónicas y entrevistas (2004) Diarios, ensayos, crónicas. La cocina de la escritura (2009)

Diarios

Diarios tempranos. Donoso in progress, 1950-1965 (2016) Diarios centrales. A Season in Hell, 1966-1980 (2023)

Epistolarios

Correspondencia (2024), con Carlos Fuentes

Poesía

Poemas de un novelista (1981)

Teatro

Sueños de mala muerte (1985). Peza baesada na novela breve homónima, incluída en Cuatro para Delfina. Este domingo (1990), con Carlos Cerda. Peza baseada na novela homónima.

Notas

Categoría:Realismo máxico Categoría:Literatura erótica Categoría:Condecorados coa Orde do Mérito Civil Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Alumnos da Universidade de Chile Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Nados en 1924