Celso Fernández Sanmartín, coñecido como Celsiño, nado en Lalín o 8 de setembro de 1969, é un poeta e contacontos galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou dez anos na residencia da terceira idade de Lalín. É contacontos, recolledor e reinventor de historias, contos e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea. Participou durante un tempo no Luar da TVG e colaborou en Grial. É promotor de FoCuCu (Foro de Cultivos Culturais). Obra Poesía Divagacións iú (1991). Edición de autor. ISBN 978-84-404-8538-0. O tigre das cenorias (1994). Edición de autor. (sen título) (1995). Edición de autor. Propiamente son captivo (1997). Letras de Cal. ISBN 978-84-922620-0-7. Fucsia, talladas, estampados, boca (2001). Imprenta Librería Alvarellos. ISBN 978-84-607-3464-2. Gratas e boas novas (2011). I. Alvarellos. ISBN 978-84-15045-05-2. Ten (2011). Alvarellos. 11 páxs. ISBN 978-84-15045-08-3. Dúas caras atentas (2013). Alvarellos. ISBN 978-84-15045-14-4. A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez (2018). Apiario. ISBN 978-84-947389-3-7. A cousa eterna (2023). Apiario. ISBN 978-84-124530-5-8. Obras colectivas I Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros (Além-Parte, 1999). Relatos. Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000). Poesía. 9ª Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas "A Solaina de Piloño", 2008, Xunta de Galicia. Coeditor. Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008). Poesía. Arroz en branco con corazós cocidos, 2010, Amastra-N-Gallar. Poesía. Actas das IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral. Lendas urbanas: mitos e ritos dos tempos modernos (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2011). Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (Apiario, 2014). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). E de súpeto o inverno (Agalir, 2017).

Recoñecementos e premios En 2019 foi nomeado Lalinense do ano. Premio Rebulir da Cultura Galega 2022 na categoría de artes escénicas por "preservar e difundir a tradición oral galega desde o respecto e levar os contos do rural a diferentes escenarios, pondo en valor a creatividade propia".

Premio San Martiño de normalización lingüística 2024.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Análise da súa obra.

Celso F. Sanmartín, ‘Celsiño’: O oficio de contar .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1969