Carmelo Francisco González Rodríguez, coñecido artisticamente como Carmelo F. González, nado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1897 e finado o 24 de novembro de 1954, foi un delineante, pintor e debuxante galego que destacou como paisaxista.
Traxectoria Fillo dun contramestre da Armada, quedou orfo de nai a curta idade. Viviu unha tempada en Monforte de Lemos e, ós 16 anos de idade, cumpriu o servizo militar en Banyoles, Provincia de Xirona. Despois traballou de delineante en Bazán e foi pintor autodidacta. Otero Túñez inclúeo na xeración nada arredor de 1900, canda Juan Luis, Laxeiro, Carlos Maside e Xulia Minguillón. Expuxo en Ferrol, Tenerife, Bilbao, Barcelona, Valencia, Sevilla, Tetuán, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Madrid. Inclúen ilustracións súas revistas como Marineda, Juventud, Maruxa, El Obrero de Nazaret e Fenicia. A costureira de Nicolás García Pereira publicada co n.º 6 na Colección Céltiga leva portada da súa autoría.
Presidiu durante máis de vinte e cinco anos o Real Coro Toxos e Froles.
Recoñecementos Mención Honorífica e Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes (1933) Medalla do Ouro na Primeira Exposición Provincial de Belas Artes da Coruña (1943) Premio Especial da IV Exposición Provincial de Artes (1944).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Arte de paisaxes Ligazóns externas "González Rodríguez, Carmelo" no sitio web do Museo de Belas Artes da Coruña. Carmelo en pintoresgallegos.com e o mesmo texto en cultura.galiciadigital.com (inclúe galería de imaxes).
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Pintores paisaxistas