O Castro de Antiguallas é un castro situado no monte veciñal de Antiguallas, no concello lucense de Baleira.
Dende a vila do Cádavo pola estrada LU-710 a uns 2 km hai que coller a LU-0401 ata Córneas. Dende alí seguindo pola LU-0408 aproximadamente uns 2.4 km, está o desvío que leva a Antiguallas. Ao pasar a aldea, o castro atópase no lado esquerdo do camiño.
Descrición Está a 677 m sobre o nivel do mar nun outeiro con monte baixo. Ten un camiño de acceso ao interior polo sur que corta as defensas. A conservación é regular, pois ten alteracións dos parapetos debido a labores agrícolas e torres dunha liña eléctrica. A croa ten unha lixeira caída N-S e está protexida por un terraplén que remata nun muro pétreo. Ten varios foxos de dimensións considerables.
Arqueoloxía Polo de agora non consta que se fixesen escavacións arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
Antiguallas