Aristeas ou Aristeo (en latín Aristeas ou Aristaeus, en grego antigo ) foi un soldado nativo de Chipre ao servizo de Ptolomeo II Filadelfo de Exipto. Traxectoria Tolomeo, a petición do bibliotecario da Biblioteca de Alexandría, enviouno xunto con Andreas, o xefe da súa garda, a Xerusalén para obter unha copia da lei xudía, que quería incluír na gran biblioteca que fundara. Levaron agasallos ao Templo e obtiveron do sumo sacerdote Eleazar unha copia do Pentateuco para que a traducisen setenta e dous anciáns, seis de cada tribo. Estes tradutores foron a Exipto, onde se aloxaron en Paros e fixeron a tradución en 72 días. A obra chamouse a Septuaginta (κατά τούς ἑβδομήκοντα), polo número de tradutores, un nome que se estendeu a todo o Antigo Testamento cando se completou a tradución baixo os Tolomeos.
Esta versión dos feitos, rexistrada nunha carta, semella estar baseada nunha falsificación feita por un monxe grego, xa que a tradución da Septuaginta comezaría durante o reinado de Tolomeo I Sóter, entre o -298 e o -295, seguramente destinada aos xudeus levados a Exipto arredor do -320Aristeas or Aristaeus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 293.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carta de Aristeas.
Categoría:Personalidades de Chipre Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados no século -II