A lingua sangke é unha lingua ou dialecto da familia skou falada na aldea de Sangke (Nyau Sangke), distrito de East Arso, rexencia de Keerom, en Indonesia. Os falantes da lingua wutung afirman que é similar á súa lingua, pero non está claro cal é a relación ou se podería ser un dialecto. Segundo datos de 1975 tiña 200 falantes. Ao estar en lados opostos da fronteira internacional, o sangke e o wutung foron estudados por diferentes estudos (colonial neerlandés e SIL International, respectivamente) e non se realizou un traballo comparativo.

Notas

Categoría:Linguas skou Categoría:Linguas de Indonesia