miniatura|250px|dereita|A contusión pulmonar debida a un trauma é un exemplo dunha condición que pode ser asintomática, chegando á metade as persoas afectadas as que non mostran ningún signo na presentación inicial. O TAC mostra unha contusión pulmonar (frecha vermella) acompañada de fractura de costela (frecha púrpura).
Asintomático (ou clinicamente silencioso) é un adxectivo que se usa para condicións médicas (como lesións ou doenzas) nas que os pacientes portan esa condición pero sen experimentaren síntomas, a pesar dunha diagnose explícita da condición (como unha proba médica positiva).
Presintomático é o adxectivo usado cando nunha condición médica hai un período de tempo no que esta é asintomática.
Subclínico e paucisintomático son outros adxectivos usados para infeccións asintomáticas (é dicir, infeccións subclínicas), ou para doenzas psicosomáticas e trastornos mentais que expresan un subconxunto de síntomas pero non o conxunto completo deles necesario para unha diagnose médica.
Exemplos Un exemplo de doenza asintomática é a infección por citomegalovirus (CMV), virus que pertence á familia dos herpesvirus. "Estímase que o 1 % de todos os neonatos están infectados polo CMV, pero a maioría das infeccións son asintomáticas." (Knox, 1983; Kumar et al. 1984)Vinson, B. (2012). Language Disorders Across the Lifespan. p. 94. Clifton Park, NY: Delmar Nalgunhas doenzas a proporción de casos asintomáticos pode ser importante. Por exemplo, na esclerose múltiple estímase que arredor do 25 % dos casos son asintomáticos, e son detectados post mortem ou por casualidade cando se están tratando outras doenzas.
Importancia Saber que unha condición é asintomática é importante porque: Pode ser contaxiosa, e a contribución das infeccións asintomáticas e preasintomáticas ao nivel de transmisión dunha doenza axuda a establecer as medidas de control axeitadas para evitar que se espalle. Non é necesario que unha persoa se someta a tratamento. Non causa problemas médicos posteriores como hipertensión arterial e hiperlipidemia. Estar alerta ante os posibles problemas: por exemplo, o hipotiroidismo asintomático fai que unha persoa sexa vulnerable á síndrome de Wernicke–Korsakoff ou ao beri-beri despois de recibir glicosa intravenosa. Para algunhas condicións o tratamento durante a fase asintomática é vital. Se se espera ata que se desenvolvan os síntomas,pode ser demasiado tarde para a supervivencia do paciente ou para previr danos.
Saúde mental As condicións subclínicas ou subliminares son aquelas para as cales non se cumpren todos os criterios de diagnóstico ou non se cumpriron no pasado, aínda que os síntomas están presentes. Isto pode significar que os síntomas non son graves dabondo como para merecer unha diagnose, ou que os síntomas son graves pero non cumpren os criterios dunha condición.
Lista
Velaquí un conxunto de condicións médicas para as cales está documentado que teñen unha fracción significativa de individuos afectados que son asintomáticos:
Lique escleroso (balanite xerótica obliterante) Lesion linfoepitelial benigna Cortocircíto cardíaco (shunt) Disección da arteria carótide Sopro carotídeo Hemanxioma cavernoso Cloromas (sarcoma mieloide) Cólera Leucemia mielóxena crónica Enfermidade celíaca Doenza arterial coronaria COVID-19 Varíola das vacas Retinopatía diabética Frutosuria esencial Cepas da gripe Hamartoma quístico foliculosebáceo Glioblastoma multiforme (ocasionalmente) Aldosteronismo remediable con glicocorticoides Deficiencia en glicosa-6-fosfato deshidroxenase Hepatite Eliptocitose hereditaria Herpes Heteroforia Catarreiras por coronavirus humanos Hipertensión arterial Histidinemia Infección por VIH (SIDA) Infección por papilomavirus humano (HPV) Hiperaldosteronismo Hiperlipidemia Hiperprolinemia tipo I Hipotiroidismo Hipoxia (algúns casos) Púrpura trombocitopénica trombocitica Iridodiálise (cando é pequena) Síndrome de Lesch-Nyhan (en mulleres portadoras) Levotransposición das grandes arterias Sarampelo Divertículo de Meckel Hemanxioma microvenular Prolapso da válvula mitral Varíola do mono Linfocitose de células B monoclonais Mielolipoma Enfermidade do figado graxo non alcohólico Pozo no disco óptico Osteoporose Tose ferina (Pertussis) Pé cavo Poliomielite Poliorquidismo Preeclampsia Prehipertensión Protrusio acetabuli Contusión pulmonar Acidose tubular renal Roséola Varíola (ausente desde a década de 1980) Espermatocele Meninxioma da á do esfenoide Anxioma araña Infarto esplénico (aínda que non é típico) Hemorraxia subaracnoide Tonsilólito Tuberculose Diabetes tipo II Tifo Neoplasia intraepitelial vaxinal Varicela Enfermidade de Wilson
Millóns de mulleres informan da falta de síntomas durante o embarazo ata o momento do parto; non saben que están embarazadas. Este fenómeno coñécese como embarazo críptico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sintomático Infección subclínica
Categoría:Termos médicos Categoría:Síntomas