Antonio Pereira Saqués, nado en Lugo en 1972, é un director de arte de cine e televisión galego.
Traxectoria
Fixo estudos de deseño de interiores na EASD Ramón Falcón (2010-2014). Director artístico de producións cinematográficas, de televisión e de publicidade. Fixo a dirección de arte de O ano da carracha (2001), Lobos sucios (2014), A illa das mentiras (2018), Tres (2020), O corpo aberto (2022) e La manzana de oro (2022) e das series de televisión As leis de Celavella (2005), Vidago Palace (2016), Fariña (2017), O sabor das margaridas (2ª tempada, 2020), Operación Marea Negra (2021) e Los enviados (2ª tempada, 2022). Recoñecementos
Premio Mestre Mateo á mellor dirección de arte por Lobos sucios (2016). Premio Mestre Mateo á mellor dirección de arte por A illa das mentiras (2021).
Premio Mestre Mateo á mellor dirección de arte por O corpo aberto (2023). Notas
Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1972