José González Rivero, coñecido como Cabecilla de Villamane, nado en Vilamane (Becerreá) en 1911, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de novembro. Ingresou no Depósito de Becerreá desde onde foi trasladado á Prisión de Lugo en abril de 1937. Procesado na causa 190/37 xunto con Abel Valcárcel Puente, Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Isidro Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938. José foi condenado a pena de morte por adhesión á rebelión. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión perpetua. Abríronlle expediete de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago dunha multa de 100 pesetas o 1 de xullo de 1940. En marzo de 1939 foi trasladado ao cárcere de As Palmas de Gran Canaria. En 1942 pasou á prisión de Sevilla e en marzo de 1943 á 6ª Agrupación.

En febreiro de 1944, saíu en liberdade provisional e volveu ser detido no mesmo mes e ingresou na prisión de Lugo. En marzo de 1946, pasou á prisión da Coruña de onde saíu en liberdade o 28 de marzo de 1946.Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.

De 1979 a 1983, foi concelleiro en Becerreá polo BNG.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Peza separada de responsabilidade civil contra Camilo García González, David Cercedo Fernández, Pedro Gutiérrez Gutiérrez e outros

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos