Ernest e Célestine (en ) é un filme francés de animación de 2012 dirixido por Stéphane Aubier, Vincent Patar e Benjamin Renner. Baséase na serie homónima de libros infantís publicada polo autor e ilustrador belga Gabrielle Vincent. Foi escollido para proxectarse na sección Directors' Fortnight do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012, como parte do programa TIFF Kids do Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival Internacional de Cinema de Hong Kong.

Foi escollido como candidato ao Óscar ó mellor filme de animación na 86ª edición dos premios, mais perdeu fronte ao filme de Walt Disney Animation Studios Frozen. A secuela, titulada Ernest et Célestine : Le Voyage en Charabie, estreouse en Francia o 14 de decembro de 2022.

Personaxes Personaxe Voz en francés Ernest Lambert Wilson Célestine Pauline Brunner The Grey One Anne-Marie Loop The Rat Judge Pierre Baton O dentista Dominique Collignon Lucienne Brigitte Virtudes Georges Patrice Melennec O xuíz oso Féodor Atkine Xefe de policía dos osos Vincent Grass Antionette

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ernest e Célestine, a colección

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego