O escribidor sahariano (Emberiza sahari) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae. esquerda|miniatura|Escribidor sahariano ao sur de Tunisia. É un reprodutor residente de rexións secas do noroeste de África, desde Marrocos ao sur ata Mali e ao leste ata Chad.Byers, C., Olsson, U., & Curson, J. (1995). Buntings and Sparrows. Pica Press . En Maroocos, a especie espallouse desde oa Montes Atlas cara ao norte desde a década de 1960, e recentemente chegou a TánxerAmezian M., Bensusan K., Perez C. & Thompson I. 2006. Is House Bunting about to colonise Europe? Birding World 19: 263. e Tetuán na ribeira sur do estreito de Xibraltar. Reproduciuse en Europa por primeira vez en 2023, en Alxeciras, España.
O escribidor sahariano reprodúcese arredor dos poboados humanos, poñendo de dous a catro ovos nun niño nun buraco nun muro ou edificación. O seu alimento natural son sementes, ou cando son crías, insectos.
Ten 14 cm de longo, un tamaño similar ao de Emberiza striolata e menor que o de Emberiza cia. O macho reeprodutor ten un corpo de cor area marrón alaranxado e cabeza gris con algunhas manchas escuras pero sen o sobrecello branco que ten E. striolata. A cabeza da femia ten un ton de marrón a gris, e manchas máis difusas.
O escribidor sahariano separouse recentemente na clasificación do estreitamente emparentado E. striolata,Collinson, M. (2006). Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palearctic lists. British Birds 99 (6): 306-323.Kirwan, Guy M. e Hadoram Shirihai (2007) Species limits in the House Bunting complex Dutch Birding 29(1): 1-19 xa que antes era considerado unha subespecie del co nome Emberiza striolata sahari. A especie E. striolata ten unhas bandas faciais máis fortes e ventre máis pálido que o escribidor sahariano.
O período de incubación da súa posta de tres ovos é de 12–14 días. miniatura|Ovos de Emberiza sahari no MHNT.
A canción, que canta desde un pousadoiro, é similar pero mais débil que a do pimpín común.
En Marrocos, a especie considérase tradicionalmente sagrada, e converteuse en moi domesticada, entrando a vontade en casas, tendas e mesquitas para buscar insectos.Snow, D. W. & Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic Concise Edition. OUP .
Notas
Categoría:Emberícidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1850