Rita Regojo Otero, coñecida como Rita Regojo, nada en Redondela o 7 de xuño de 1929 e falecida en Cesantes (Redondela) o 3 de xullo de 2011, foi unha recoñecida filántropa galega, fundadora da sede de Aldeas Infantís SOS no seu concello natal.
Traxectoria
Estudou Perito Mercantil na Escola de Comercio de Vigo e nos anos 50 diplomouse en Graduado Social na Universidade de Santiago.
Nos anos 70 coñeceu a obra Aldeas Infantís e puxo por obra traela a Galicia. En 1975, grazas ao seu pulo, inaugurouse a primeira casa na parroquia de Ventosela, en Redondela. Morreu por mor dun infarto.
Vida persoal
Filla do empresario téxtil José Regojo. Membro supernumeraria do Opus Dei. Estivo casada con Adriano Marques de Magallanes, diplomático e político galego do Partido Popular, co que tivo seis fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Medallas Castelao Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Finados en 2011 Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Vigueses distinguidos