O bico de lacre de rabo negro (Estrilda troglodytes) é unha especie común de paseriformes estríldidos que viven na África subsahariana, distribuída nunha área estimada de 2.000.000 km2.
Descrición e reprodución É un paxaro pequeno de 9-10 cm de corpo compacto e cola fina. Ten un bico forte vermello. Do bico parte unha raia vermella, pasa a nivel do ollo marrón e termina na rexión auricular. O corpo é gris amarronado con lixeiras ondulacións nos flancos e ventre. A cola é negra abeirada de claro. As partes inferiores son abrancazadas con reflexos rosas. As patas son grises escurasRavazzi G. (1995) Guide des oiseaux exotiques. Les Diamants et autres Estrildidés. De Vecchi, París, 157 p. ou castañas. O macho ten o ventre máis rosa que a femia e é un pouco máis gordo.
Viven en bandadas e son monógamos. A femia pon de seis a oito ovos e fai tres ou catro postas ao ano.
Distribución Atópase en Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, República Democrática do Congo, Costa do Marfil, Eritrea, España (introducido, especie invasora), Etiopía, Gambia, Ghana, Guadalupe (introducido), Guinea, Kenya, Liberia, Mali, Mauritania, Níxer, Nixeria, Portugal (introducido), Puerto Rico (introducido), Senegal, Sudán, Togo, Uganda, e Illas Virxes (introdicido e posiblemente erradicado). O estado de conservación da especie foi avaliado como Pouco preocupante.
Taxonomía O bico de lacre de rabo negro describiuno por primeira vez Hinrich Lichtenstein en 1823, e nese momento foi situado no xénero Fringilla. Cando se describiu o xénero Estrilda en 1850, esta especie foi trasladada a el. Antes pensábase que era conespecífico co bico de lacre árabe Estrilda rufibarba.
Notas
BirdLife Species Factsheet
Categoría:Estríldidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1823