Juan Antonio José Barros Manteiga, coñecido como Barritos, nado na Estrada cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Veciño de Ordoeste (A Baña). Secretario da Sociedad Obrera de Negreira presidida por Jesús Lens Patiño,El Ideal Gallego, 22-3-1936, p. 2. foi detido a principios de maio de 1936 con Alfredo Caamaño Pato por participar nunha manifestación diante do xulgado de Negreira.El Ideal Gallego, 5-5-1936, p. 5. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido en Negreira a finais de xaneiro de 1937.El Diario de Pontevedra, 1-2-1937, p. 1.El Ideal Gallego, 14-2-1936, p. 4.El Compostelano, 15-2-1937, p. 2. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 30 de marzo xunto con Elena Suárez Suárez, Jesús Lens Patiño, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, e outros veciños de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937 xunto con Jesús Lens Patiño, Benjamón Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Manuel Fagín Páramos, José María Nieto Crego e Alfredo Paz Lemus.El Pueblo Gallego, 5-6-1937, p. 7.

Notas

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados na Estrada

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1937