A aratinga de testa azul (Thectocercus acuticaudatus) é un pequeno papagaio neotropical con cabeza azul e bico claro, nativo de gran parte de Suramérica, desde o leste de Colombia a Curaçao no sur do Caribe, e ata a rexión norte da Arxentina. É a única especie do xénero Thectocercus. Vive en hábitats de tipo sabana, bosques e marxes de bosques, pero evita as selvas densas e húmidas como as do Amazonas.
Taxonomía Aínda que T. acuticaudatus é a única especie do xénero monotípico Thectocercus, esta especie ten cinco subespecies: Thectocercus acuticaudatus (Vieillot 1818) Thectocercus acuticaudatus acuticaudatus (Vieillot 1818) Thectocercus acuticaudatus haemorrhous (Spix 1824) Thectocercus acuticaudatus koenigi (Arndt 1995) Thectocercus acuticaudatus neoxenus (Cory 1909) Thectocercus acuticaudatus neumanni (Blake e Traylor 1947)
Anteriormente, esta especie clasificábase dentro do xénero Aratinga, pero este foi dividido en catro xéneros unha vez que varios estudos filoxenéticos mostraron que o xénero, como se definía tradicionalmente, era polifilético.Remsen, Jr., J.V.; Schirtzinger, E.E.; Ferraroni, Anna; Silveira, Luís Fábio; & Wright, Timothy F. (24 abril de 2013). DNA-sequence data require revision of the parrot genus Aratinga (Aves: Psittacidae). Zootaxa 3641(3): 296–300. doi: 10.11646/zootaxa.3641.3.9
A IUCN usa para esta especie o nome sinónimo Psittacara acuticaudatus.
Descrición
miniatura|Mascota miniatura|Mascota A aratinga de testa azul é unha ave de tamaño medio que mide aproximadamente 37 cm de longo e pesa entre 140 e 190 g.
Estas aves cando nacen teñen cabezas vermellas, pero son predominantemente verdes no corpo e con azul apagado na testa, píleo, meixelas e oídos na subespecie nomeada, pero con menos azul noutras subespecies. Teñen un anel de pel branca sen plumas arredor de cada ollo, aínda que este é amarelo-laranxa brillante nos exemplares silvestres de T. acuticaudata neumanni.Ardeola: Photo of wild T. acuticaudata neumanni. As plumas do peito poden tamén ser de cor azul, aínda que o máis común é que o teñan verde ou verde amarelado. As ás dobradas teñen a mesma cor verde do corpo, mentres que se as abren mostran unha cor marrón azulada, que pasa a castaño nas plumas de voo exteriores. As plumas da cola son verdes na parte dorsal e marróns ou marróns avermelladas na ventral, iridescendo a laranxa brillante e escarlata baixo luz de espectro completo. As patas son marróns rosadas con gadoupas marróns agrisadas. A mandíbula superior é de cor corno, e adelgázanse ata ser case como unha agulla na punta de cor negra agrisada. Nas subespecies meridional, occidental, nomeada e neumanni, a mandíbula inferior é de cor corno nos exemplares novos, que se esvaece a negro agrisado no seu segundo ano de vida. As restantes subespecies oriental, central e setentrional manteñen a cor corno na mandíbula inferior de adultos.
Reprodución A aratinga de testa azul nidifica nun burato nunha árbore. Os ovos son brancos en número de tres ou cato nunha posta. As femias incuban os ovos durante 26 días e os pitos empluman 52 días despois da eclosión.
Avicultura
Son aves sociais e falan relativamente ben comparados con outros papagaios. Convertéronse en mascotas bastante populares, e teñen a reputación de seren os papagaios "máis fáciles" de coidar. Porén, son tamén intelixentes, moi enerxéticos e cómpre prestarlles moita atención e proporcionarlles unha gaiola con amplo espazo e xoguetes. Poden ser tamén bastante ruidosos ás veces. En consecuencia, son compañeiros máis apropiados para entusiastas das aves serios que para donos de aves casuais.
Na ficción Unha aratinga de testa azul falador foi a estrela da película familiar Paulie. No filme, Paulie, o personaxe principal foi representado por 14 exemplares diferentes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Avibase - Aratinga acuticaudata
Categoría:Psitácidos Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1818