O paíño de barriga negra (Fregetta tropica) é unha especie de ave mariña da familia dos paíños do hemisferio sur (Oceanitidae). Cría nas illas subantárticas e pode verse no hemisferio sur e, como vagante rara, pode chegar ao hemisferio norte.

Atópase na Antártida, Arxentina, Australia, illa Bouvet, Brasil, Chile, illas Malvinas, Polinesia Francesa, Terras Austrais e Antárticas Francesas, Madagascar, Mozambique, Nova Zelandia, Omán, Perú, Santa Helena, São Tomé e Príncipe, illas Salomón, Suráfrica, illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur, Uruguai e Vanuatu.

Descrición

Son negros cunha banda branca no sobrecú e branco na parte inferior das ás e nos flancos. Teñen unha faixa ancha negra que baixa ata o centro do ventre, pero pode ser descontinua ou ausente. Teñen patas longas, e os pés poden verse alén da cola en voo. As patas e pés son negros.

Son silenciosos principalmente no mar. Poden sentirse moitos ruídos nas colonias reprodutoras; as aves que están no chan producen un asubío estridente moi longo.miniatura|thumbtime=2|300px|Vídeo dun exemplar buscando comida en Gold Coast, Queensland, Australia|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Paíño de barriga negra [Fregetta tropica] – fotos, Christopher Taylor Nature Photography Primeiro rexistro do paíño de barriga negra no Paleártico occidental

Categoría:Oceanítidos Categoría:Animais descritos en 1844