O movemento prógrado é un movemento na mesma dirección que un movemento de referencia dado. O contrario chámase movemento retrógrado . Estes termos úsanse en astronomía para referirse ao movemento da órbita dun corpo arredor doutro ou á rotación dun corpo arredor do seu eixo. Nun sistema de referencia dado, o movemento retrógrado xeralmente significa movemento contrario á rotación do corpo primario, o corpo central do sistema. A rotación determínase en relación a un sistema de referencia inercial, como as estrelas fixas. as asd asd asd asd asda a asd as asd asd asd as as as as as as as a s
No Sistema Solar, todos os planetas, planetas ananos e a maioría dos corpos menores (agás moitos cometas) orbitan o Sol en dirección prograda, é dicir, na mesma dirección ca a rotación do Sol. A maioría dos planetas tamén rotan en dirección prograda, agás Venus e Urano, que rotan en dirección retrógrada. Os satélites regulares dos planetas teñen órbitas progradas. (No caso dos satélites de Urano, isto significa que orbitan na mesma dirección que a rotación de Urano, que é retrógrada en relación co Sol). Os satélites irregulares teñen órbitas tanto progradas como retrógradas, e son probablemente corpos que foron capturados gravitacionalmente polos seus planetas, formándose mentres orbitaban o Sol.
Véxase tamén
Bibliografía
Retrograde-rotating exoplanets experience obliquity excitations in an eccentricity-enabled resonance, Steven M. Kreyche, Jason W. Barnes, Billy L. Quarles, Jack J. Lissauer, John E. Chambers, Matthew M. Hedman, 30 de marzo de 2020
How large is the retrograde annual wobble? , N. E. King, Duncan Carr Agnew, 1991.
Dynamical Effects on the Habitable Zone for Earth-like Exomoons, Duncan Forgan, David Kipping, 16 de abril de 2013 What collisional debris can tell us about galaxies, Pierre-Alain Duc, 10 de maio de 2012 The Formation and Role of Vortices in Protoplanetary Disks, Patrick Godon, Mario Livio, 22 de outubro de 1999
Categoría:Astrodinámica