O Pazo de Paizás é unha casa señorial da freguesía de Cira, no concello de Silleda. Foi edificado en 1717 e sufriu diversas reformas posteriormente.

O pazo consta dunha nave rectangular con dous costados que permiten pechar un patio interior. Nunha desas ás álzase unha torre posterior á edificación, mentres que a fachada principal está presidida por unha fonte con varios ornamentos e o escudo familiar. Un dos laterais consta de soportal con arcos de medio punto cunha balaustrada no seus remates.

Conta cunha ampla plantación de maceiras que producen mazás golden.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia

Categoría:Silleda Paizas