Unpacking é un videoxogo de crebacabezas dun só xogador desenvolvido por Witch Beam e publicado por Humble Bundle o 2 de novembro de 2021.
O xogo consiste en desembalar e ordenar as pertenzas dunha rapaza no seu novo fogar, comezando pola súa nenez e pasando por diferentes etapas vitais e vivendas. A través de oito mudanzas descubriremos a historia da protagonista.
Desenvolvemento A idea para facer este xogo xurdiu cando Tim Dawson, director técnico da obra, se mudou en 2018 con Wren Brier, a directora creativa. Entón os dous comezaron a crear os primeiros prototipos do xogo. En maio dese ano, foi seleccionado para o programa de aceleración de xogos Stugan, o que levou a Tim e Wren a Suecia durante dous meses para crear unha demostración xogable.
Acollida En novembro de 2021 o xogo foi publicado con grande acollida por parte do público, vendendo máis de 100.000 copias nos primeiros dez días. Tamén da crítica, gañando mais de vinte premios nos anos 2021 e 2022, entre os que se atopan dous premios de videoxogos BAFTA e o Logro Sobresaínte para un Xogo Independente dos D.I.C.E. Awards.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2021 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de lóxica Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos independentes Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Australia