O Servizo de Extensión Agraria (SEA) foi un organismo español creado en 1955 que iniciou a súa actuación en zonas de colonización e de concentración parcelaria. A función principal do SEA era a difusión técnica na agricultura para aumentar a produtividade agraria no marco dunha política orientada a conseguir que o sector agrario fose rendible e enfocado ao mercado.
Con conceptos e financiamento dos Estados Unidos, estendeuse unha rede de axencias nas zonas agrícolas do Estado español. En Galicia chegou a contar con 68 oficinas, sendo a primeira axencia a de Negreira creada en 1956.
Na década dos sesenta mudou a estratexia e ademais de cuestións técnicas abordábanse cuestións sociais e culturais. En 1960 creouse a figura das axentes de Economía Doméstica que diseñaban distintas actividades coas mulleres (cursos ou organización dunha cooperativa) e cuxo importante papel estivo silenciado.
O SEA foi transferido ás comunidades autónomas en 1982, e desapareceu en 2002, aínda que ás Oficinas Agrarias Comarcais seguen sendo chamadas Axencias de Extensión Agraria.
O traballo desenvolvido por este servizo en Galicia tivo o recoñecemento da sociedade rural.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Luque, Gómez, Romero, García and García (2006) Semillas de Modernidad. El servicio de Extensión Agraria (SEA) y la transformación del campo español Repositorio audiovisual de la UNED .
Categoría:Agricultura Categoría:Institucións de España Categoría:Goberno de España Categoría:Franquismo