Vila Nova de Gaia é unha cidade portuguesa no Distrito do Porto, na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con cerca de 273.100 habitantes. A cidade está localizada na marxe esquerda da foz do río Douro.

Xeografía e demografía É sede dun municipio con 170,82 km² de área e 300.868 habitantes (2004), subdividido en 24 freguesías. O concello limita polo norte co municipio do Porto -sepáraos o Douro -, ao nordeste con Gondomar, polo sur con Santa Maria da Feira e Espinho e polo oeste ten litoral no océano Atlántico. Non foi elevada á categoría de cidade ata o 28 de xuño de 1984.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ponte Don Luís I.

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito do Porto