Juan Villaronte Trapasco, nado en Ribadeo en 1786 e finado en Madrid en outubro de 1855, foi un militar, avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Leis na Universidade de Valladolid onde se graduou de bacherel en 1806. Pasou á Universidade de Santiago de Compostela e xunto co seu amigo Víctor María de Silva foron os organizadores e impulsores do Batallón Literario en 1808. Cando formaba parte do Batallón Literario caeu prisioneiro das tropas francesas en Vilafranca do Bierzo en 1809. Escapou do cárcere e incorporouse ao exército español participando na bataia de San Paio. Disolto o Batallón Literario, foi profesor do Colexio de Cadetes constituído no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela. Concluída a guerra, permaneceu no exército e en 1822 foi habilitado para exercer como avogado pola Audiencia da Coruña. En 1834 era tenente coronel e foi nomeado oficial primeiro da Contadoría da Casa Real. En 1837 foi nomeado contador da fábrica de Madrid e Mordomo da Semana da Raíña.
Gozaba da confianza da Raíña Rexente María Cristina, que o elixiu para formar parte da súa "camarilla". Dende 1844 foi unha peza importante do Partido Moderado. Foi senador pola provincia de Toledo (1844-1845). Foi elixido deputado polo distrito de Vilalba nas eleccións de 1850, e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1851 e 1853.
Católico fervente, investiu cuantiosas cantidades na adquisición de bens desamortizados, sempre actuando a través do seu testaferro o avogado Tomás Fernández.
Finou en Madrid en outubro de 1855.El Diario Español, 31-10-1855, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1786 Categoría:Finados en 1855