Asclepiades de Bitinia (en latín Asclepiades, en grego antigo Ἀσκληπιάδης ο Βιθυνός / Asklêpiádês o Bithunós) foi un médico bitinio que acadou unha gran popularidade en Roma a principios do século -I, fama que mantivo durante a súa vida e que aínda transmitiu aos seus sucesores. Crisilpo de Bitinia foi un dos seus seguidores. Plinio o Vello di que chegou á vellez sen coñecer a enfermidade e que finalmente morreu dun accidente.

Traxectoria Dise que primeiro foi a Roma como profesor de retórica, pero non tivo éxito, e despois dedicouse á medicina. Do que se sabe da súa historia e da súa práctica médica, dedúcese que era un home de gran talento natural, que coñecía a natureza humana, ou mellor dito, a debilidade humana, e que era un moi bo observador, pero que sabía pouco de medicina. Comezou, segundo os que coñecen a súa propia ignorancia, observando a práctica dos seus predecesores e afirmou ter atopado un método eficaz para tratar as enfermidades. Como descoñecía a anatomía e a patoloxía, rexeitou os procedementos dos que investigaban a estrutura do corpo humano e observaban as causas das enfermidades, e dise que atacou en particular os escritos de Hipócrates. Abstívose de usar remedios moi activos e confiou na eficacia da dieta, o exercicio, os baños, a limpeza e outras circunstancias que aínda son necesarias para a saúde, pero nunca prohibiu o viño senón que fomentou o seu consumo, cousa que lle deu popularidade. Dividiu as enfermidades en agudas e crónicas. Filosoficamente, proclamábase como seguidor de Epicuro e aplicou a súa doutrina sobre os átomos, cos que construíu unha nova teoría asumindo que toda acción mórbida se reducía a unha obstrución dos poros e á mala distribución dos átomos.

Notas

Categoría:Nados en -120 Categoría:Finados en -40 Categoría:Médicos Categoría:Roma antiga