La Aurora foi un semanario editado en Ferrol de 1867 a 1868.

Historia e características Subtitulado Periódico de literatura, moralidad y recreo, apareceu o 24 de agosto de 1867. Publicábase os días 7, 15, 23 e último de cada mes. Impreso por Francisco Suárez, entre os seus redactores figuraban Eduardo Caamaño, Gregorio Lago, Enrique Lacaci e Ricardo Obertín. Incluía seccións de viaxes, arte, literatura e revista da semana. Cesou a súa publicación co número 28 o 13 de setembro de 1868.

A publicación estaba redactada por mozos alumnos do corpo administrativo da Armada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1867 en Galicia