miniatura|Aerénquima no corte transversal dun talo da planta acuática Schoenoplectus tabernaemontani. O aerénquima ou parénquima aerífero ou lagoas (lacunae), é unha modificación do parénquima que forma un tecido esponxoso que crea espazos ou canles de aire nas follas, talos e raíces dalgunhas plantas, o cal permite realizar o intercambio de gases entre o talo e a raíz.Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London. As canles cheas de cavidades de aire (ver imaxe á dereita) proporcionan unha vía interna de baixa resistencia para o intercambio de gases como o oxíxeno, dióxido de carbono e etileno entre a parte da planta que está por riba do nivel da auga e os tecidos mergullados. O aerénquima é tamén moi común en plantas acuáticas e de zonas húmidas que deben crecer en solos hipóxicos.Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 pKozlowski, T. T. (ed.) 1984. Flooding and Plant Growth. Orlando, FL: Academic Press.
A palabra "aerénquima" procede do latín modermo e deriva do latín aer, 'aire' e do grego enkhyma, 'infusión'.
Formación do aerénquima e hipoxia O aerénquima (cavidades cheas de aire) pode ser de dous tipos segundo a súa orixe: lisíxeno e esquizóxeno. O aerénquima lisíxeno fórmase por apoptose de determinadas células corticais da raíz para formar cavidades cheas de aire. O aerénquima esquizóxeno fórmase por descomposición de substancias pécticas nas lamelas medias da parede celular coa consecuente separación das células.
Cando os solos están asolagados, prodúcese un estado de hipoxia, xa que os microorganismos do solo consomen oxíxeno máis rápido que a difusión do mesmo. A presenza de solos hipóxicos é unha das características definitorias das zonas húmidas. Moitas plantas das zonas húmidas posúen aerénquima, e nalgunhas, como as Nymphaeaceae, hai un de fluxo de aire atmosférico a través das follas e rizomas.Dacey, J. W. H. 1980. Internal winds in water lilies: an adaptation for life in anaerobic sediments. Science 210: 1017–19. Hai moitas outras consecuencias químicas da hipoxia. Por exemplo, a nitrificación queda inhibida, xa que se produce un nivel baixo de oxíxeno e fórmanse compostos tóxicos, a media que as bacterias usan nitrato, manganeso e sulfato como aceptores de electróns alternativos.Patrick, W. H., Jr. and Reddy, C. N. 1978. Chemical changes in rice soils. In Soils and Rice, pp. 361–79. Los Baños, Philippines: International Rice Research Institute. O potencial de oxidación-redución do solo diminúe e disólvense os óxidos metálicos como os de ferro e manganeso, aínda que a perda radical de oxíxeno permite a reoxidación destes ións na rizosfera.Khan, N., et al. 2016. Root Iron Plaque on Wetland Plants as a Dynamic Pool of Nutrients and Contaminants. In Advances in Agronomy (Vol. 138, pp. 1–96). https://doi.org/10.1016/bs.agron.2016.04.002
En xeral, o nivel baixo de oxíxeno estimula as plantas a producir etileno.
Vantaxes As grandes cavidades cheas de aire proporcionan unha vía interna de baixa resistencia para o intercambio de gases entre os órganos da planta que están sobre a auga e os tecidos que están baixo a auga. Isto permite que as plantas crezan sen teren que pagar os custos metabólicos da respiración en condicións anaerobias.Laing, H. E. 1940. Respiration of the rhizomes of Nuphar advenum and other water plants. American Journal of Botany 27: 574–81. Ademais, a degradación das células corticais durante a formación do aerénquima reduce o custo metabólico das plantas durante o estrés causado pola seca. Parte do oxíxeno transportado a través do aerénquima pérdese polos poros da raíz e pasa ao solo circundante. A pequena rizosfera resultante do solo oxixenado arredor de raíces individuais alberga microorganismos que preveñen o influxo de compoñentes do solo potencialmente tóxicos como o sulfuro, ferro e manganeso.
Notas
Categoría:Fisioloxía vexetal Categoría:Histoloxía vexetal Categoría:Zonas húmidas