O municipio de Saldus (en letón, Saldus novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021 pola Saeima. Limita ao suroeste co municipio de Kurzeme Meridional, ao oeste co municipio de Kuldīga, ao nordés co municipio de Tukums, ao leste co municipio de Dobele, e tamén ao sur cos condados lituanos de Šiauliai e Telšiai. O centro administrativo do municipio atópase na cidade de Saldus. .

Xeogragía e Economía miniatura|cultivos de colza do municipio de Saldus O municipio está situado a 110 km ao oeste de Riga e a 100 km ao leste do mar Báltico. A superficie da rexión de Saldus é de 2.171 km² e ten unha fronteira común con Lituania. Dúas vilas (Saldus e Broccni) están situadas no centro da rexión, cunha distancia entre elas de aproximadamente 5 km. O resto da rexión está dividido en 19 pequenas [parroquias].

Na época soviética, o subministramento enerxético da rexión de Saldus formaba parte dun sistema integrado para toda a rexión báltica. A maioría da electricidade producíase en Estonia e Lituania utilizando xisto betuminoso e enerxía nuclear. Polo tanto, Saldus atópase agora nunha situación de importar aproximadamente o 50% do seu consumo de electricidade desde estes países, nos que os prezos de produción a curto prazo non inclúen os custos necesarios a longo prazo de novas capacidades de produción. .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia

Saldus