A transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.

No período tivo lugar a transformación social do estado español desde a ditadura ata a democracia.

Con todo, non hai consenso entre os politicólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:

A superación do errado Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. A primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (Partido Socialista Obrero Español) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982. Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da Segunda República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular). A idea dunha transición incompleta, inacabada ou mal feita tamén é unha vertente con certo corpo dentro da sociedade do estado español, principalmente no electorado de esquerda e nos grupos nacionalistas tirante o nacionalismo español. Tamén é unha reflexión de peso dentro de asociacións pola recuperación da memoria histórica ou de reivindicación de dereitos dos represaliados polo réxime franquista.Caballero Bonald fala dunha transición que non foi talA transición non foi modélica, Foro da MemoriaMentiras da Transición, por Javier Ortíz, xornalistaA transición, culpábel das lagoas da memoria.Máis alá do mito do consenso

miniatura|Persoas fronte a un colexio electoral en Toledo nas eleccións xerais de España de 1977.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Constitución española de 1978 Democracia

Ligazóns externas Os ángulos cegos da Transición

Categoría:Historia de España