Os condados de Noruega son rexións administrativas que constitúen a primeira das divisións administrativas de Noruega. O país ten 15 condados, subdivididos nun total de 357 municipios (en ). Os territorios insulares de Svalbard e Jan Mayen non se inclúen nesta categoría, xa que se gobernan directamente dende o nivel nacional. A capital de Noruega, Oslo, é tanto un condado como un municipio.

En 2017, o goberno de Erna Solberg decidiu abolir algúns dos condados e unilos con outros para constituír condados maiores, reducindo o número de condados de 19 a 11. Implementouse o 1 de xaneiro de 2020. A reforma foi mal recibida pola poboación, e moitos cidadáns esixiron a súa supresión. O Parlamento de Noruega votou pola súa modificación parcial o 14 de xuño de 2022, polo que o país pasou a ter 15 condados dende o 1 de xaneiro de 2024.

Notas

Categoría:Xeografía de Noruega