Dorosoma é un xénero que contén cinco especies dentro da familia Dorosomatidae. As cinco especies son nativas de América do Norte e Central e son especies máis coñecidas por viviren en auga doce, aínda que algunhas poden vivir en augas de estuarios e baías.Froese, Rainer; Pauly, Daniel (eds.). "Species in genus Dorosoma". FishBase. Versión de xaneiro de 2023.
A especie Dorosoma cepedianum é importante na cadea trófica en América do Norte porque é a fonte de alimento para os peixes que se pescan con cana. Ten tamén unha longa historia de introducións en ríos que poden orixinar distorsións na cadea trófica.
Especies
Dorosoma anale Meek, 1904 Dorosoma cepedianum (Lesueur, 1818) Dorosoma chavesi Meek, 1907 Dorosoma petenense (Günther, 1867) Dorosoma smithi C. L. Hubbs & R. R. Miller, 1941
Notas
Categoría:Clupeiformes Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Taxons descritos por Constantine Samuel Rafinesque