Easy A (estilizado como easy A) é un filme estadounidense de 2010 dirixido por Will Gluck, escrito por Bert V. Royal e protagonizado por Emma Stone, Penn Badgley, Amanda Bynes, Thomas Haden Church, Patricia Clarkson, Cam Gigandet, Lisa Kudrow, Malcolm McDowell, Aly Michalka e Stanley Tucci. O guión baseouse parcialmente na novela de 1850 The Scarlet Letter de Nathaniel Hawthorne.
Rodado nos estudios de Screen Gems e en Ojai, California, estreouse o 17 de setembro de 2010. Recibiu valoracións positivas en especial á interpretación de Stone, e foi un grande éxito de recadación, conseguindo 75 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 8 millóns. Stone recibiu un nomeamento aos Globos de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical, e o filme gañou o Premio Critics' Choice á mellor comedia. The film is ranked as numberClasificouse no posto 14 na lista de 2021 de Entertainment Weekly entre os mellores filmes de instituto. Easy A tamén foi a derradeira aparición de Bynes nun filme.
Personaxes
Emma Stone como Olive Penderghast Juliette Goglia como Olive de nena Penn Badgley como "Woodchuck/Lobster" Todd Braeden Lemasters como Todd de neno Amanda Bynes como Marianne Bryant Dan Byrd como Brandon Aly Michalka como Rhiannon Abernathy Thomas Haden Church como Mr. Griffith Lisa Kudrow como Mrs. Griffith Patricia Clarkson como Rosemary Penderghast Stanley Tucci como Dill Penderghast Cam Gigandet como Micah Malcolm McDowell como Director Gibbons Mahaley Patel como Nina Howell Jake Sandvig como Anson Bryce Clyde Jenkins como Chip Penderghast Johanna Braddy como Melody Bostic Fred Armisen como Pastor Bryant Stacey Travis como Mrs. Bryant Max Crumm como Pontius Yoshi Sudarso como Eric Ling Lalaine como Gossipy Girl
Notas
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América