Jeremy D. Schmahmann, nado en Suráfrica, é un neurólogo surafricano-estadounidense, recoñecido internacionalmente pola súa investigación sobre o cerebelo e a súa relación coa cognición e as emocións, describindo por primeira vez xunto con Janet Sherman, a Síndrome cognitiva-afectiva cerebelosa (CCAS, polas súas siglas en inglés), ou síndrome de Schmahmann, como se lle coñece na actualidade.
É catedrático de Neuroloxía na Facultade de Medicina Harvard e Director da Unidade de Ataxia e do Laboratorio de Neuroanatomía e Neurobioloxía Cerebelosa no Hospital Xeral de Massachusetts (MGH) en Boston (Estados Unidos de América).
Traxectoria Schmahmann obtivo o seu título de M.B.Ch.B. na Universidade de Cidade do Cabo en 1980. Completou a súa residencia en Neuroloxía no Boston City Hospital e unha bolsa en Anatomía e Neurobioloxía na Escola de Medicina da Universidade de Boston. Comezou a súa traxectoria académica como Axudante Doutor en 1989 na Boston University School of Medicine, e foi incluído na lista de "The Best Doctors in America" desde 1998.
Contribucións científicas É autor de máis de 300 artigos científicos de alto impacto, así como libros e capítulos de libros, entre os que destacan:
Schmahmann JD. (Editor). The Cerebellum and Cognition. International Review of Neurobiology. Volume 47. San Diego, Academic Press. 1997. Schmahmann JD, Doyon J, Toga A, Petrides M, Evans A. MRI Atlas of the Human Cerebellum. San Diego, Academic Press. 2000. Schmahmann JD, Pandya DN. Fiber Pathways of the Brain. New York, Oxford University Press. 2006. Boltshauser E, Schmahmann JD. (Editors). Cerebellar Disorders in Children. Clinics in Developmental Medicine No. 191 – 192. London, MacKeith Press. Manto M, Gruol D, Schmahmann JD, Koibuchi N, Rossi (Editors). Handbook of the Cerebellum and Cerebellar Disorders. New York, Springer. 2012 & 2022. Gruol DL, Koibuchi N, Mario Manto M, Molinari M, Schmahmann JD, ShenY (Eds.) Essentials of Cerebellum and Cerebellar Disorders: A Primer For Graduate Students. Springer, 2016 & 2023.
Premios e recoñecementos Gañador do codiciado Norman Geschwind Prize in Behavioral Neurology da American Academy of Neurology e da Behavioral Neurology Society por pioneiro no campo do cerebelo e a cognición (2000) Gañador do premio á Best Publication in Medical Science da American Association of Publishers por Fiber Pathways of the Brain (2006) Seleccionado en The Best Doctors in America, todos os anos desde 1998 Nomeado no Scientific Advisory Board da National Ataxia Foundation (2005 – ) Concedido o Distinguished Neurology Teacher Award pola American Neurological Association (2008) Escollido Scholar of The Academy na Harvard Medical School (2000 – ) Nomeado cinco veces ao Faculty Prize for Excellence in Teaching na Harvard Medical School Elixido Fellow da American Academy of Neurology (2005 – ) Elixido Fellow da American Neuropsychiatric Association (2008 – ) Seleccionado Norman Geschwind Visiting Professor no Beth Israel Deaconess Medical Center, Harvard Medical School (2009) Profesor visitante en Mayo Clinic, University of New Mexico, Albert Einstein College of Medicine, University of Minnesota, University of Chicago, St. Jude’s Research Hospital, University of Tennessee e Oxford University O MGH Ataxia Center foi designado como Center of Excellence pola National Ataxia Foundation (2022) e pola Multiple System Atrophy Coalition (2023) Primeiro titular da Martha and Robert Fogelman Endowed Chair in Ataxia and Cerebellar Neurology, no Massachusetts General Hospital Premio á Lifetime Achievement Award da Society for Behavioral and Cognitive Neurology Premio Dr. John W. Schut Lifetime Research Achievement Award da National Ataxia Foundation
Referencias
Categoría:Nados en Suráfrica Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos de Suráfrica Categoría:Nados en ano descoñecido