Osama Vinladen Jiménez López, nado en Rioja (Perú) o 7 de outubro de 2002, é un futbolista peruano que xoga como centrocampista no Unión Comercio da Primeira División do Perú.

Traxectoria Debutou profesionalmente co Unión Comercio na Primeira División do Perú o 30 de maio de 2018, nun partido contra o Universidad San Martín. Axiña comezou a chamar a atención da prensa deportiva mundial, ao levar o nome do recoñecido terrorista saudita Osama bin Laden. Ten tamén un irmán chamado Sadam Huseín, castelanización do nome do líder iraquí Saddam Husayn.

A nivel internacional, formou parte da selección sub-15 do Perú que participou no Campionato Suramericano Sub-15 de 2017.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados no Perú Categoría:Futbolistas do Perú Categoría:Centrocampistas de fútbol