Medio dólar do Centenario de Texas "1934-1938 Texas Independence Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Texas Independence". Numista.com150x150px150x150pxA/: Aguia cara á esquerda sobre estrela de cinco puntas, sostida nunha póla de carballo. Data. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM.R/: Vitoria alada con manto sostén póla de oliveira e apóiase no Álamo. Na cabeza, cinta coa palabra LIBERTY. Arriba, as seis bandeiras históricas de Texas. Aos lados, retratos de Sam Houston e Stephen F. Austin Lendas: THE TEXAS INDEPENDENCE CENTENARY / REMEMBER THE ALAMO 1836 1936 Datas: 1934-1938 Ceca: US Mint: Filadelfia (sen marca), San Francisco (S) e Denver (D). Deseño: Pompeo Coppini. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 304.000 ex. (dos que se refundiron 154.522). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Centenario de Texas foi unha moeda conmemorativa de prata emitida con este valor facial pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do centenario da independencia de Texas con respecto a México en 1836. A moeda foi cuñada entre os anos 1934 e 1938 nas cecas de San Francisco, Denver e Filadelfia."Texas Centennial Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."1934-1938 Texas Centennial Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org)."1934-1938 Texas Centennial Half Dollars". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 265-271
Proposta polo Comité do Centenario de Texas da Lexión Americana como medida de recadación de fondos para o centenario da independencia de Texas, a emisión desta moeda foi aprobada polo Congreso dos Estados Unidos en 1933, pondo fin a unha pausa de varios anos nas novas emisións conmemorativas baixo o Goberno do presidente Hoover.
No seu anverso amósase unha aguia e a característica estrela solitaria de Texas, en tanto que o reverso se compón dunha complexa escena que incorpora a deusa alada Vitoria, a misión do Álamo e os retratos dos pais fundadores de Texas, Sam Houston e Stephen F. Austin, xunto coas seis bandeiras históricas de Texas.
O artista autor do seu deseño foi o escultor Pompeo Coppini, que anteriormente elaborara xa varios monumentos públicos texanos. Os modelos preliminares da moeda foron aprobados polo Comité en maio de 1934, aínda que logo foron rexeitados pola Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, que considerou que o deseño era demasiado recargado e complicado. Finalmente chegouse a un acordo e a moeda entrou en produción na Casa da Moeda de Filadelfia en outubro de 1934.
O Comité do Centenario pretendía que as moedas contribuísen ao financiamento do Museo sobre a historia de Texas en Austin, e distribuíunas a través da Lexión Americana e os bancos de todo o estado. A maior parte desta emisión inicial, con data de 1934, non se vendeu e foi devolta á Casa da Moeda para ser fundida e recuperar a súa prata. Durante os catro anos seguintes, mesmo despois do centenario en 1936, producíronse novas emisións da moeda, de tiraxe máis pequena, nas casas da moeda de Filadelfia, Denver e San Francisco. O Comité do Centenario de Texas cancelou a súa comercialización en novembro de 1938.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado miniatura|A República de Texas nun mapa de 1836, logo da súa independencia de México.|299x299px
A República de Texas foi un estado soberano de América do Norte desde o seu establecemento o 2 de marzo de 1836 ata o 19 de febreiro de 1846, data da súa definitiva incorporación aos Estados Unidos. Este territorio limitaba con México ao oeste e ao suroeste, co Golfo de México ao sueste, cos estados de Luisiana e de Arcansas ao leste e ao nordés, e con territorio non organizado dos EEUU ao norte, correspondente aos actuais estados de Oklahoma, Kansas, Colorado e Wyoming.
A Revolución de Texas, que deu lugar á súa posterior independencia, comezou cando estouparon as hostilidades o 2 de outubro de 1835, pouco antes de que o réxime do presidente mexicano e xeneral Antonio López de Santa Anna adoptase unha nova constitución mexicana coñecida como as Sete Leis, que abolía a autoridade dos estados baixo a república federal e establecía un goberno centralizado. A revolución, encabezada por Sam Houston e Stephen F. Austin, durou máis de seis meses. O 2 de marzo de 1836, os delegados na convención proclamaron a Declaración de Independencia de Texas, e os principais combates terminaron o 21 de abril dese ano, cos Tratados de Velasco, que acabaron coas hostilidades e aseguraron a independencia de Texas, aínda que México non chegou a recoñecer o novo estado.Lang, A. F. (2010). "Memory, the Texas Revolution, and Secession: The Birth of Confederate Nationalismin the Lone Star State". En Southwestern Historical Quarterly. Vol. 114. Nº 1. Páxinas 21-36."Republic of Texas". Sonofthesouth.netNance, J. M. (1952). "The Texas Revolution and the Republic of Texas: A Brief History". Texas State Historical Association (tshaonline.org).
A idea da emisión conmemorativa O grande interese histórico destes feitos para a historia dos Estados Unidos motivou o desexo dalgunhas entidades de promover a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba o dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
Neste contexto, a organización American Legion, de Texas, votou a favor de se implicar nas celebracións do Centenario da Independencia de Texas en 1936, e considerou axeitada a súa participación na Exposición do Centenario de Texas, unha feira mundial que se celebraría en Dallas en 1936. A. Garland Adair dirixiu o Comité do Centenario, que acordou solicitar a emisión dunha moeda conmemorativa, probablemente inspirada na anterior experiencia do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, cuxos beneficios se destinarían a financiar un museo. O congresista de Texas William D. McFarlane, que mantiña unha relación amigable co comité, impulsou a creación da moeda para conmemorar o centenario.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 234-237.Barnes, L. (1934). "War Vet Swings $1,500,000 Deal And Wins That Sum --In Pleasure". En Austin American-Statesman. 19 de decembro. Páxina 1.
Este método de financiamento fora suxerido polo representante estatal Temple Harris McGregor en marzo de 1932, quen propuxera a emisión de 50.000 moedas de medio dólar para a súa comercialización entre a cidadanía e os coleccionisas ao prezo dun dólar cada unha."Plan Outlined for Jubilee in Texas". En Abilene Daily Reporter. 3 de marzo de 1932. Páxina 2.
A Lexión Americana decidiu que os fondos xerados polas moedas se utilizarían para construír un museo no campus da Universidade de Texas en Austin, como contribución ao Centenario de Texas."Centennial Coin Bill Sent to F.D. For Signature". En Austin American-Statesman. 11 de xuño de 1933. Páxina 1.
Proceso lexislativo
A oposición á cuñaxe de moedas conmemorativas, por mor da preocupación pola falsificación e tamén por diversos vetos de orde política, provocara en anos anteriores o fracaso de varios proxectos de lei sobre outras emisións semellantes, durante o período do Goberno de Herbert Hoover. No entanto, o clima político baixo a administración de Franklin D. Roosevelt era máis favorable.Taxay, D. (1967). Páxinas 132-133.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 267. Así as cousas, logo de se formalizar a proposta, o Senado dos Estados Unidos aprobou o 7 de xuño de 1933, sen debates nin disensións, a lexislación para a emisión dunha moeda conmemorativa de medio dólar «en conmemoración do centenario, en 1936, da independencia de Texas e dos nobres e heroicos sacrificios dos seus pioneiros, cuxa memoria foi unha inspiración para os seus fillos e para as súas fillas durante o último século»."One Hundredth Anniversary of Independence of Texas". Congressional Record - Senate. 7 de xuño de 1933. Páxina 5.148.
O proxecto de lei fora presentado polo senador Tom Connally, de Texas, e patrocinado na Cámara de Representantes por Wright Patman, tamén dese estado."Texas Coins Approved". En Waco Times Herald. 8 de xuño de 1933. Páxina 1. Nesta cámara foi presentado o 10 de xuño de 1933 logo de recibir a aprobación da súa Comisión de Moeda, Pesos e Medidas. Bertrand H. Snell, de Nova York, preguntou como se pagarían os cuños para a elaboración da moeda, e James McClintic, de Oklahoma, preguntou se Dies solicitaría unha asignación para iso, mais o congresista Dies asegurou á Cámara que a Lexión Americana de Texas sería a encargada do pagamento de todos os gastos, polo que a emisión non suporía gasto ningún para o erario."Coinage of Texas Anniversary Half Dollars". Congressional Record - House. 10 de xuño de 1933. Páxina 5.634.
Finalmente, logo dese percorrido por ambas as cámaras, o proxecto de lei converteuse en lei o 16 de xuño de 1933, logo da sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt,"Texas Independence Centennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov). quen lle entregou a pluma que utilizou para asinar a lei ao senador Connally, o impulsor da aprobación da disposición."Texas Coinage Bill Signed". En Corsicana Daily Sun. 16 de xuño de 1933. Páxina 15. Esta pluma estaba destinada a ser a primeira peza exposta do novo museo.
A lei prevía a emisión de ata 1.500.000 moedas, que poderían ser adquiridas polo Comité do Centenario de Texas da Lexión Americana ao seu valor nominal,Flynn, K. (2008). Páxina 351. para a súa revenda posterior cunha prima. Aínda que o centenario non se celebraría ata 1936, o comité tiña previsto emitir as moedas antes desa data, co fin de poder financiar as obras de construción do museo. Segundo a lei, as moedas poderían cuñarse en varios anos e en deferentes cecas da US Mint; deste xeito, dábase pé á aparición de variedades que serían moi desexadas polos coleccionistas para completaren as súas coleccións, o que lles obrigaría a adquirir varios exemplares.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 267-269.
Preparación A Comisión do Centenario de Texas contratou a Pompeo Coppini, un destacado escultor italo-estadounidense, para deseñar a moeda. Aínda que residía en Texas, tamén utilizaba un estudio na cidade de Nova York.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 265. Coppini deseñara anteriormente varios monumentos públicos en Texas, entre eles a fonte Littlefield da Universidade de Texas en Austin.Vermeule, C. (1971). Páxina 186.Remy, C.et al. (1976). "Pompeo Coppini: Renowned Sculptor and His Legacy in Texas". Texas State Historical Association (Tshaonline.org). Segundo Adair, Coppini non cobrou polos seus servizos de deseño da moeda."Support of Texas Centennial Urged". En Austin American. 1 de agosto de 1933. Páxina 10. miniatura|Pompeo Coppini, deseñador da moeda."Pompeo Coppini". Library of the Congress (LOC.gov).